Amosando publicacións coa etiqueta CASO 7. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CASO 7. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2021

Caso 7 (El salmón Jose Luis)

 El salmón Jose Luis


Nunha piscifactoría de salmóns atoparon unha gran mortalidade nun dos tanques de alevíns. A auga estaba turbia e os peixes nadaban de forma anómala, moi preto da superficie da auga e algúns xiraban sobre si mesmos. Os peixes restantes mostraban manchas vermellas na pel. A análise da auga do tanque reveloi a elevada presenza de nitratos. O propietario alega que antes do temporal un veciño estaba fertilizando unha leira preto do río.



Hipóteses:

Basándonos na información do noso caso, deducimos que a causa da morte dos salmóns da piscifactoría pode ser por choque de nitrato ou por septicemia hemorráxica bacteriana. 



A seguinte imaxe mostra unhas branquias sanas:

A continuación se mostran unhas branquias enfermas vistas cun aumento total de 400x, un ocular de 10x e un obxectivo de 40x.


O choque do nitrato prodúcese cando os peixes están expostos de súpeto a un nivel moi diferente de nitrato, moitas veces ata varios centos de partes por millón. Aínda que o choque con nitratos ocorre xeralmente cando os peixes están expostos de súpeto a un nivel de nitrato moito máis alto, os peixes tamén poden sufrir un choque se os niveis de nitrato baixan repentinamente. Como ocorre coa intoxicación por nitritos, os peixes inmaduros e certas especies, como Discus, son máis sensibles aos cambios bruscos de nitrato.

Síntomas do choque de nitrato:

  • O comportamento dos peixes pode ser unha pista para diagnosticar problemas de nitratos no seu tanque:

  • Perda de apetito

  • Os peixes quedan apagados

  • Os peixes poden mostrar perda de equilibrio

  • Os peixes poden estar no fondo do tanque.

  • Pódese observar un movemento branquial rápido.

  • Os peixes poden rodar de cabeza a cola.

Se os nitratos aumentaron lentamente co paso do tempo, non é raro que só un ou dous peixes mostren inicialmente síntomas. A non ser que se realicen probas de auga, non hai ningunha razón aparente para explicar por que o peixe enfermou misteriosamente. Se non se reducen os niveis de nitratos, máis peixes comezarán a presentar síntomas. Finalmente, comezarán as matanzas de peixes, que se producirán nun período duns días a unhas semanas.

A maioría dos casos de choque repentino de nitratos e posterior perda de peixe prodúcense cando un novo peixe é traído a un acuario que ten niveis de nitratos drasticamente máis altos. Aínda que o choque con nitratos pode ocorrer cando os peixes se moven entre acuarios na casa, isto é menos común, porque os propietarios xeralmente tratan todos os seus acuarios do mesmo xeito, o que resulta en condicións de auga similares en todos os tanques.

O choque de nitratos tamén pode ocorrer cando se produciron cambios masivos de auga nun tanque maduro que ten altos niveis de nitrato. A caída repentina de nitratos pode afectar aos peixes.

Prevención de casos similares:

Mesmo en casos de exposición repentina a altos niveis de nitratos (xa sexa por un temporal ou por zurro) , é posible reducir os seus efectos. En primeiro lugar, proba a auga para obter un nivel de nitrato inicial co que poder traballar.As formas de tratar o choque de nitrato son: 

Realice varios pequenos cambios de auga ata sustituir a metade de auga do tanque. Este proceso reducirá os niveis de nitratos de forma significativa, pero o suficientemente lento como para evitar os efectos do cambio. 

  • Reducir a alimentación: Se os teus peixes están a ser superalimentados, o seu proceso dixestivo engadirá exceso de nitrato á auga. 

  • a aireación. Aumenta a aireación do tanque, xa que os tanques ricos en nitratos adoitan ser baixos en osíxeno.

  • Use medios filtrantes que eliminen os nitratos. Pódense usar medios filtrantes especiais se outros métodos non reducen os niveis de nitratos.


Outra causa da morte dos salmóns da piscifactoría podería ser por septicemia hemorráxica bacteriana que soe darse en tanques ou acuarios superpoboados o que provoca estrés nos peixes o cal fai que aparezca esta enfermedad e tamén aparece en tanques con pouco mantenimiento e falta de hixiene onde cambian a auga cada moito tempo e os filtros son insuficientes. 

Os síntomas principais son falta de apetito, úlceras, hemorraxais na pel que provocan o enroxecimiento das escamas, apatía… 


(abaixo): foto dun peixe afectado con septicemia o cal ten as manchas típicas desta enfermidade causadas polas hemorraxias na pel. 

Conclusión:


Pensamos que os salmóns contraeron ambas enfermidades á vez, a septicemia e o choque de nitrato. Co cal validamos as dúas hipóteses.


Imaxe dende o microscopio da mostra das branquias do salmón onde vese a orixe das hemorraxias que hai nas escamas dos peixes. 


Envenenamiento por nitrato en peces de acuario


Septicemia Hemorrágica Bacteriana en Peces


mércores, 19 de maio de 2021

G3RMAFAG

 Descripción do caso

Fai uns meses nunha piscifactoría de salmóns tivo lugar unha inundación que provocou unha gran mortalidade. Observouse que a auga estaba turbia e os peixes restantes nadaban de forma anómala e algúns presentaban manchas vermellas na pel. A análise que se lle realizou a auga comprobou que contiña unha gran cantidade de nitratos. Antes de que tivera lugar a inundación, un veciño fertilizou unha leira preto do río con zurro. Pouco a pouco os peixes foron perdendo o apetito e na valoración clínica non se atopou ningunha enfermidade e tampouco lesións.

Hipótese

1) O zurro é o  líquido que solta o esterco e polo tanto pode conter substancias contaminantes ou microorganismos que puideron causar o desastre ocurrido na piscifactoría, contaminando ao río e despois a estes peixes.

2) A perdida de apetito dos peixes pode vir causada polo exceso de nitrato.

3) As bacterias que pode conter o zurro poden ser a causa das manchas vermellas dos salmóns e tamén do seu comportamento extraño xirando sobre sí mesmos. 

Fontes


O microscopio ten un aumento de 10x10. Na imaxe podemos ver unhas branquias dos salmóns da piscifactoría, e podemos apreciar que as branquias están engrosadas e incluso algunhas pegadas, mentres que na imaxe de abaixo as branquias son moito máis finas
e non están pegadas, polo que deducimos que estaban enfermos.

Imagen sacada de:https://scielo.conicyt.cl/scielo.php?pid=S0717-95022011000100007&script=sci_arttext&tlng=e



Veracidade da hipótese

1) En zonas de gandería utilizase o zurro como abono de cultivos e este pode acabar no río e contén bacterias fecais que poden contaminar o río. A contaminación fecal das augas superficiais é un problema para os peixes dada a trasmisión de microorganismos patóxenos virus, bacterias, protozoos e outros parasitos.

Fonte: https://www.uco.es/investigacion/ucci/es/noticias/item/2306-estudian-la-contaminacion-del-agua-con-bacterias-procedentes-del-estiercol
 

2) Se a auga non está en correcto estado, aumenta o nivel de nitratos e diminúe o nivel de osíxeno. Isto provoca a pérdida de apetito dos peixes, ademais un aumento de nitratos pode provocar perdidas de equilibrio e incluso a morte dos peixes.

Fonte: https://www.expertoanimal.com/por-que-mis-peces-no-comen-21238.html#anchor_2
Fonte: https://es.point.pet/envenenamiento-por-nitrato-en-peces-de-acuario/

3) O zurro podía conter bacterias coa enfermidade da vibriose, que é pouco habitual e adoita ser mortal. Esta enfermidade pode causar manchas vermellas na pel dos peixes como tamén provocar a falta de apetito e o comportamento extraño dos salmóns.

Fonte: https://www.petclic.es/wikipets/vibriosis-o-peste-roja/#:~:text=La%20peste%20roja%2C%20peste%20bub%C3%B3nica,animal%20de%20la%20Vibrio%20anguillarium.


Valida ou rexeita razoadamente cada hipotese:

1) O zurro si que puido contaminar o río con bacterias fecais, pero esas bacterias non foron as que provocaron os problemas que teñen os peixes.(Non valida)

Fonte: https://www.redalyc.org/pdf/1812/181229302004.pdf


2) O aumento de nitratos puido producirse por un exceso de sobrealimentación, e unha sobrepoboación na piscifactoria, e ese aumento de nitratos provocou os problemas dos peixes  mencionados anteriormente.(valida)

Fonte:https: //www.pecestropicales.club/parametros-agua-acuario/nitratos-acuario/#:~:text=Causas%20de%20una%20alta%20concentraci%C3%B3n%20de%20nitratos,-Hay%20varios%20motivos&text=Reducido%20mantenimiento%20del%20acuario%2C%20con,Mala%20calidad%20general%20del%20agua.

3) O zurro si pode conter vibrios os cales provocaron as manchas vermellas na pel dos peixes, comportamentos extraños e a falta de apetito.(Valida)

Fonte: http://ama.redciencia.cu/articulos/7.01.pdf

Conclusión

A morte dos peixes puido ser provocada por un aumento de nitratos os cales apareceron por un exceso de alimentación e de poboación, a maiores, o zurro puido conter vibrios que provocaron manchas vermellas na pel dos peixes, comportamentos extraños e a falta de apetito. Esas puideron ser as causas dos problemas dos salmóns da piscifactoría.



Traballo realizado por:

Aarón García Carreira
Alberto Freire Agrasar