mércores, 19 de maio de 2021

G3RMAFAG

 Descripción do caso

Fai uns meses nunha piscifactoría de salmóns tivo lugar unha inundación que provocou unha gran mortalidade. Observouse que a auga estaba turbia e os peixes restantes nadaban de forma anómala e algúns presentaban manchas vermellas na pel. A análise que se lle realizou a auga comprobou que contiña unha gran cantidade de nitratos. Antes de que tivera lugar a inundación, un veciño fertilizou unha leira preto do río con zurro. Pouco a pouco os peixes foron perdendo o apetito e na valoración clínica non se atopou ningunha enfermidade e tampouco lesións.

Hipótese

1) O zurro é o  líquido que solta o esterco e polo tanto pode conter substancias contaminantes ou microorganismos que puideron causar o desastre ocurrido na piscifactoría, contaminando ao río e despois a estes peixes.

2) A perdida de apetito dos peixes pode vir causada polo exceso de nitrato.

3) As bacterias que pode conter o zurro poden ser a causa das manchas vermellas dos salmóns e tamén do seu comportamento extraño xirando sobre sí mesmos. 

Fontes


O microscopio ten un aumento de 10x10. Na imaxe podemos ver unhas branquias dos salmóns da piscifactoría, e podemos apreciar que as branquias están engrosadas e incluso algunhas pegadas, mentres que na imaxe de abaixo as branquias son moito máis finas
e non están pegadas, polo que deducimos que estaban enfermos.

Imagen sacada de:https://scielo.conicyt.cl/scielo.php?pid=S0717-95022011000100007&script=sci_arttext&tlng=e



Veracidade da hipótese

1) En zonas de gandería utilizase o zurro como abono de cultivos e este pode acabar no río e contén bacterias fecais que poden contaminar o río. A contaminación fecal das augas superficiais é un problema para os peixes dada a trasmisión de microorganismos patóxenos virus, bacterias, protozoos e outros parasitos.

Fonte: https://www.uco.es/investigacion/ucci/es/noticias/item/2306-estudian-la-contaminacion-del-agua-con-bacterias-procedentes-del-estiercol
 

2) Se a auga non está en correcto estado, aumenta o nivel de nitratos e diminúe o nivel de osíxeno. Isto provoca a pérdida de apetito dos peixes, ademais un aumento de nitratos pode provocar perdidas de equilibrio e incluso a morte dos peixes.

Fonte: https://www.expertoanimal.com/por-que-mis-peces-no-comen-21238.html#anchor_2
Fonte: https://es.point.pet/envenenamiento-por-nitrato-en-peces-de-acuario/

3) O zurro podía conter bacterias coa enfermidade da vibriose, que é pouco habitual e adoita ser mortal. Esta enfermidade pode causar manchas vermellas na pel dos peixes como tamén provocar a falta de apetito e o comportamento extraño dos salmóns.

Fonte: https://www.petclic.es/wikipets/vibriosis-o-peste-roja/#:~:text=La%20peste%20roja%2C%20peste%20bub%C3%B3nica,animal%20de%20la%20Vibrio%20anguillarium.


Valida ou rexeita razoadamente cada hipotese:

1) O zurro si que puido contaminar o río con bacterias fecais, pero esas bacterias non foron as que provocaron os problemas que teñen os peixes.(Non valida)

Fonte: https://www.redalyc.org/pdf/1812/181229302004.pdf


2) O aumento de nitratos puido producirse por un exceso de sobrealimentación, e unha sobrepoboación na piscifactoria, e ese aumento de nitratos provocou os problemas dos peixes  mencionados anteriormente.(valida)

Fonte:https: //www.pecestropicales.club/parametros-agua-acuario/nitratos-acuario/#:~:text=Causas%20de%20una%20alta%20concentraci%C3%B3n%20de%20nitratos,-Hay%20varios%20motivos&text=Reducido%20mantenimiento%20del%20acuario%2C%20con,Mala%20calidad%20general%20del%20agua.

3) O zurro si pode conter vibrios os cales provocaron as manchas vermellas na pel dos peixes, comportamentos extraños e a falta de apetito.(Valida)

Fonte: http://ama.redciencia.cu/articulos/7.01.pdf

Conclusión

A morte dos peixes puido ser provocada por un aumento de nitratos os cales apareceron por un exceso de alimentación e de poboación, a maiores, o zurro puido conter vibrios que provocaron manchas vermellas na pel dos peixes, comportamentos extraños e a falta de apetito. Esas puideron ser as causas dos problemas dos salmóns da piscifactoría.



Traballo realizado por:

Aarón García Carreira
Alberto Freire Agrasar













Ningún comentario:

Publicar un comentario