venres, 28 de maio de 2021

Caso 10

 Descripción do caso:

Trátase dunha troita de 350g que morreu nunha piscifactoría na que se detectou un inesperado aumneto de mortes na última etapa de engorda nesta especie debido a unha perda de apetito, letarxia e diminución do crecemento de maneira repentina, ademáis dunha despigmación na pel e liñas escuras bilaterais. Isto debeuse a que foron trasladados a uns tanques para probar un penso especializado. Dende entón nas súas excrecións detectouse unha especie de moco amarelo ao igual que en todo o seu tubo dixestivo. A partir diso decidiuse realizar unha necropsia. No exame detectouse mucosa amarela no seu tubo dixestivo e a súa cavidade abdominal moi dilatada. Tamén se observou conxestión e edema dos cegos pilóricos así como o intestino con aparenza hemorráxica.

Imaxe troita


Esta troita experimentou unha enfermidade cunhas consecuencias graves no seu tubo dixestivo xa que no exame viuse mucosidade no seu organismo, cavidade abdominal moi dilatado e o intestino con apariencia hemorráxica.  A partir diso a troita deixou de comer provocando a perda de apetito, letarxia, diminución de crecemento e posteriormente a morte. Este suceso tan pouco habitual puido ser debido ao cambio de penso que se produciu ao transladar estes animais a outros tanques especializados.

Información:


Hipotesis:
- Pode tratarse dunha necropsia hemorráxica viral xa que mostra coincidencias co que lle ocurriu á troita, como por exemplo letarxia, cavidade abdominal inchada e outras. Pero con esta enfermidade non é frecuente o moco na cavidade abdominal e nas excrecións mentres que na troita morta foi unha das características máis visibles. Ademáis esta enfermidade ten unha alta mortalidade, polo que non é demasiado acertada.
- Os animais con estreptococosis presentan letarxia, anorexia, oscurecemento, nadan na superficie e o máis chamativo da doenza é que ao principio adoitan presentar unha forte exoftalmia bilateral con hemorraxias no glóbulo ocular. Con este acontecemento   unicamente coincide a letarxia, o oscurecemento da pel e o nado descordinado pero en ningún momento tivo problemas nos glóbulos oculares polo que rexeitamos este razoamento.
- A enfermidade entérica de boca vermella é na que as troitas arcoiris afectadas presentan oscurecemento da pel, letarxia e deixan de comer, na fase aguda preséntase pequenas hemorraxias e inflamacións na boca, de ahí o nome da enfermidade. Estas dúas últimas características non se presentan no noso caso polo que descartaremos a idea.
- A troita puido experimentar unha enfermidade denominada gastroenterite, na que o peixe afectado mostra síntomas de letarxia, oscurecemento da pel, aparición de moco amarelo nas excrecións e no tubo dixestivo e distensión abdominal debido ao edema na cavidade abdominal. Neste caso todas as características coinciden, polo que é con diferenza a máis acertada.
Esta enfermidade ocorre nos peixes que se encontran moi estresados, estas troitas foron trasladadas a tanques distintos días antes, polo que é posible que estiveran agotadas. Tamén o noso caso produciuse en maio, na última etapa da engorda, cando as temperaturas son altas e esta enfermidade producese moi habitualmente cando a temperatura da auga supera os 15ºC, no verán máis comúnmente polo que concorda co caso.

A gastroenterite é unha enfermidade infecciosa, pero pouco mortal para os peixes. Presenta síntomas como hemorraxias nos órganos internos. Algúns presenta signos externos como perda de apetito, nado lateral descoordinado, ademáis poden presentar ollos saltóns, abdome hinchado, moco amarelo, etc. Adicionalmente é posible atopar os excrementos con mucosidade. A gastroenterite en troitas está causada por numerosas bacterias filamentosas segmentadas non cultivables denominadas Candidatus Arthromitus.

Imaxe da dilatación abdominal


Imaxe do moco amarelo no ano




Información:

https://www.marcosgodoy.com/~marcosgo/index.php?option=com_content&view=article&id=152:gastroenteritis-en-trucha-arcoiris-oncorynchus-mykiss-rtge&catid=124:enfermedades-emergentes&Itemid=504&lang=en




 Imaxe da bacteria (Tinción GRAM X40), específica para identificar bacterias


Nesta imaxe pódese observar a bacteria no tecido intestinal da troita, son as pequenas manchas rosadas que se distinguen na imaxe. 


Imaxe tecido intestinal infectado (tinguida con HyE X40),  úsanse dous tintes (hematoxilina e eosina), que serve para observar mellor as distintas partes da célula ao microscopio.

 


Imaxe tecido intestinal normal



Conclusión:

En conclusión, a troita debeu morrer de gastroenterite, debido a que as consecuencias desta enfermidade concordan coas que sufriu o peixe e ademáis o moco amarelo nas excrecións é unha das principais consecuencias desta enfermidade. Esta doencia foi causada por unha bacteria encontrada na tinción GRAM chamada Candidatus Arthromitus pois coincide coa atopada no interior da troita , orixinada polo estrés producido polo cambio de tanque días antes e pola temperatura da auga superior a 15ºC.

Información:

 


 















Ningún comentario:

Publicar un comentario