venres, 28 de maio de 2021

CASO 4 O GRIFÓN COPO-G7SX

 COPO O GRIFÓN


Explicación do caso:

Copo é un grifón de 5 anos e traballa para a Umidade Canina de Busca e Rescate de Protección Civil de Castro de Grelos. Tras a operación de busca dun veciño, Copo tiña unhas pequenas feridas nun costado e unha mancha vermella no beizo. Pasada unha semana o can perdeu o apetito, estaba moi apático, vomitaba e as suas feces eran negras. Durante o recoñecemento clinico, atopáronselle dúas carrachas por detrás das orellas. Un frotis sanguíneo permitiu diagnosticar a súa enfermudade.


Presentación das hipóteses:

Coa información obtida durante o recoñecemento clínico dedúcese que o vector da enfermidade foi unha carrahca, un parásito hematófago. Tendo en conta esto e os síntomas do animal obtemos as seguintes hipóteses:

Hipótese 1, Erlichiosis canina:

A erlichiosis é unha das principais enfermidades transmitidas pola carracha, causada pola bacteria Ehrlichia canis, e presenta unha sintomatoloxía coincidente en gran porcentaxe cos que presenta o animal;

-Cambios no estado de ánimo, o can preséntase apático.

-Pérdida de apetito.

-Cuadros de anemia hemolítica. Acheganse dúas imaxes, á dereita sangue dun can sano e á esqueda unha imaxe da mostra sanguínea do noso caso, na que se aprecia esta falta de eritrocitos.

Debido á falta de evidencias suficientes para rexeitar ou verifical esta hipótese, deixamola aberta para comprobala máis tarde.


Hipótese 2, Babeiosis canina:

A babeiosis é unha enfermidade parasitaria provocada por protozoos do xénero Babesia canis que soe afectar especialmente a animais domésticos. Establecemos estas hipóteses debido á grande coincidencia de síntomas entre a sintomatoloxía da enfermidade e os síntomas que presenta  o animal;
 
-Anemia hemolítica. Acheganse dúas imaxes, á dereita sangue dun can sano e á esqueda unha imaxe da mostra sanguínea do noso caso, na que se aprecia esta falta de eritrocitos.







(aumento ocular 10, obxectivo 40)

-Depresión, o can preséntase apático.

-Vómitos.

-Hemorraxias, o can presenta unhas feridas nun costado. 

Neste caso observamos claramente os protozoos á hora de inspeccionar a mostra.

(Imaxe editada, aumento ocular 10, obxectivo 40)


Conclusións:

Tendo en conta tan só os síntomas e sen pararnos a inspeccionar debidamente a mostra achegada non podemos sacar unha conclusión clara sobre que hipótese verificar e cal rexeitar, pero unha vez examinamos o frotis sanguíneo obvervase claramente os protozoos causantes da enfermidade da babeiosis(hipótese 2). Por isto rematamos rexeitando a hipótese da erlichiosis canina, e concluímos a nosa investigación validando a nosa segunda hipótese, o can sufre de Babeiosis canina.


Webgrafía:

Ningún comentario:

Publicar un comentario