mércores, 19 de maio de 2021

Caso 5

 COELLOS 


  • Presentación do caso: 

 Neste caso, dez camadas de coellos de máis ou menos dous meses, presentaron unha perda de apetito e diarrea, que provocaron o seu adelgazamento e posterior morte cando tiñan tres meses de vida, aproximadamente. 

 As nais, en cambio, só presentaban pequenas úlceras na zona plantar dos membros posteriores.

O dono dos coellos pensou que o problema podía estar relacionado coa auga que bebían os coellos, xa que podería estar contaminada por unha fábrica veciña.


  • Probas asignadas: 

 O veterinario fíxolle unha necropsia ao animal e observou que a rexión perianal estaba sucia con manchas de feces e que o xexuno estaba conxestionado e tiña un contido mucoso amarelado e brillante. O colon presentaba feces xa formadas. 

Se nos entregaron dúas mostras con tinción PAS e H&E.  




Intestino groso sano, fotografía de http://www.ujaen.es/investiga/atlas/



Mostra do caso 5, tinción H&E. 



  • Hipótese 1: 

 Unha das hipóteses que barallamos foi a posibilidade dunha morte a causa dunha  toxoplasmosis, provocada polo protozoo Toxoplasma gondii.


  • Explicación: 
 Este protozoo é máis habitual en felinos (no seu epitelio intestinal) e tamén afecta aos humanos, sendo moi perigoso para as embarazadas. Tamén pódese dar noutros mamíferos e aves, estando o protozoo na fase asexual, sen ser mortal. 


  • Rechazo da hipótese 1:  
Esta enfermidade poderíase transmitir a través da auga, pero neste caso a contaminación da auga era producida por unha fábrica, non por feces de gatos.

 Ademais o cadro clínico desta enfermidade non coincide co que presentaban os coellos. A toxoplasmosis, provocada polo Toxoplasma gondii provoca apatía, aumento da temperatura e da frecuencia respiratoria, mucosa e sintomatoloxía nerviosa.

 En cambio, os coellos presentaban perda de peso, falta de apetito, feces blandas e diarreas hemorráxicas.

  • Hipótese 2: 
A segunda hipótese que barallamos foi a posibilidade de que padeceran enteropatía mucoide.

  • Explicación : 
 A enteropatía mucoide en coellos é unha das enfermidades  que provocan maior morbilidade e mortalidade na produción cunícola. 
 
 A enfermidade afecta preferentemente ós gazapos no período inmediato pre e post destete (fin do período de lactancia) e está caracterizada pola anorexia, a perda de peso, a diarrea e, moi comunmente, por gases no cego.

  • Rechazo da hipótese 2: 
 Plantexamos esta hipótese o mesmo tempo que a seguinte que imos a comentar, pero descartamos esta (enteropatía mucoide) ao atopar coccidios nas mostras proporcionadas.

  • Hipótese 3: 
 A hipótese elexida finalmente para xustificar a morte destas camadas de coellos de 2 meses foi a seguínte: 

 Plantexamos que podían ter coccidiosis intestinal, causada por un xénero de parásito coccidio coñecido como Eimeria. 


  • Explicación: 

Este parásito pertenece á familia Eimeriidae, e infecta  a unha gran cantidade de aves e mamíferos. 

 En animales de pouca idade, pode producir diarrea grave e mortalidade elevada en ausencia de tratamento con fármacos coccidiostáticos, como o Amprolim. Caracterízase por ter un complexo ciclo biolóxico que conta con 3 fases de reprodución. 

 Nos coellos, as especies de Eimeria identificadas como causante da enfermidade son as seguintes: E. coecicola, E. flavescensE. intestinalisE. irresiduaE. magnaE. mediaE. perforansE. piriformisE. vejdovskyiE. stieda. 

 O máis probable é que o animal deste caso presente unha Eimeria intestinalis, xa que se da no xexuno e produce unha disminución do peso, aínda que tamén pode ter unha Eimeria perforans, que é a máis frecuente da coccidiosis intestinal, localízase no xexuno e produce unha disminución do crecemento. 

 Podemos observar a presenza deste parásito nas mostras de laboratorio do noso caso vistas no microscopio:  

                                          


Foto 1: vista microscópica dunha coccidiosis intestinal causada por Eimeria. 
Fonte: http://dora.missouri.edu/rabbits/intestinal-coccidia/ 





 Foto 2: fotografía das nosas mostras onde podemos ver similitudes coa foto da coccidiosis intestinal (foto 1). Tinción H&E. Aumento ocular 6, objetivo 10. 




Foto 3: vista das nosas mostras. Tinción PAS. Aumento ocular 10, objetivo 40. 

  • Aceptación da hipótese 3: 

 Esta enfermidade en coellos transmítese a través do material  biolóxico, dun coello a outro. Os parásitos incorpóranse a través de ooquistes, os cales encóntranse nas feces de coello, polo que podería contaxiarse pola inxesta de feces, herba fresca  ou  auga contaminada. 

 Esto concorda co caso 5, xa que o propietario das reprodutoras determinou que o caso da morte podería estar relacionado coa auga que beberon os coellos, mediante a cal pódese contaxiar a enfermidade da que estamos a falar. 

 Outra proba pola cal non descartamos esta hipótese son os síntomas que produce a coccidiosis, que son os segintes: diarrea, deshidratación, pérdida de peso, disminución da inxesta. Ademáis, a parte trasera do coello está sucia debido á diarrea. 

 Esta sintomatoloxía concorda cos coellos do noso caso, xa que presentaban diarrea, perda de apetito e perda de peso. Tiñan a rexión perianal sucia con manchas de feces e acabaron morrendo. 

 Outras probas que xustifican esta hipótese son as seguintes: os animales de corta idade son máis suscepcibles a coller a enfermidade (os coellos do caso teñen 2 meses).


  • Conclusión: 
 Polo tanto, examinando as mostras histolóxicas no laboratorio e investigando os síntomas dos coellos, chegamos á conclusión de que as dez camadas de coellos  de 2 meses morreron a causa dunha coccidiosis intestinal, causada por beber auga contaminada, e pode que tamén por transmisión a través da herba ou da palla que inxerían o estar nunha idade na que xa no lactan e aínda non comen penso, que normalmente conteñen coccidiostáticos.

 Esta enfermidade causou a presenza dun parásito do xénero Eimeria que podemos observar nas mostras a través dun microscopio.  



  • WEBGRAFÍA/BIBLIOGRAFÍA:

Enteropatía mucoide

https://core.ac.uk/download/pdf/33160743.pdf

Toxoplasma/Toxoplasmosis

http://www.scielo.org.pe/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1609-91172013000200001#:~:text=Existen%20tres%20estadios%20infecciosos%20de,Dubey%20y%20Lappin%2C%201998).

https://www.elsevier.es/es-revista-offarm-4-resumen-toxoplasmosis-13028954

http://repositorio.pediatria.gob.mx:8180/handle/20.500.12103/2721

https://scholar.google.es/scholar?q=toxoplasma+gondii+transmision&hl=es&as_sdt=0&as_vis=1&oi=scholart

https://scholar.google.es/scholar?hl=es&as_sdt=0%2C5&as_vis=1&q=toxoplasma+gondii+transmision+CONEJOS&btnG=

Coccidiosis intestinal 

https://www.expertoanimal.com/la-coccidiosis-en-conejos-sintomas-y-tratamiento-20389.html


https://www.anacweb.es/informacion-basica/enfermedades/87-coccidiosis

https://mayorslab.com.ar/coccidiosis-intestinal-en-conejos-domesticos/#:~:text=La%20coccidiosis%20en%20conejos%20dom%C3%A9sticos,en%20el%20crecimiento%20hasta%20la

https://www.fanmascotas.com/coccidiosis-en-conejos-diarrea-tratamiento/

https://www.expertoanimal.com/la-coccidiosis-en-conejos-sintomas-y-tratamiento-20389.html

utilizamos tamén apuntes de alumnos da carreira de veterinaria de Lugo  para sacar  información para o noso caso. 












Ningún comentario:

Publicar un comentario