mércores, 19 de maio de 2021

NECROPSIA EN TROITA


Pasos da técnica da necropsia en troita:

A necropsia é un exame completo do cadáver dun animal que nos permite coñecer a causa da súa morte ou enfermidade. Para realizar unha necropsia temos que seguir certos pasos

1) Facer é un exame externo para despois poder facer a exploración interna. Para este paso temos que colocar a troita sobre o seu costado.

Nesta imaxe podemos observar a troita de costado e os elementos utilizados na necropsia: luvas (arriba á dereita), portaobxectos (á dereita das luvas) e, abaixo de dereita a esquerda tesoiras, pinzas, bisturí e agulla.


2) Comprobar a pel, as aletas, os ollos, a boca e as branquias, esto axuda a buscar bacterias ou probas da morte. Para poder observar as branquias temos que levantar o opérculo da troita.

3) Realizar unha incisión pola liña media desde o ano ata a mandíbula. Despois de  realizala levantamos a parede abdominal. Grazas a estas incisión podemos observar as cavidades internas da troita.

4) Extraer as vísceras e examinar os órganos da troita. Para extraer os órganos da cavidade celómica temos que cortar o esófago. A continuación cortamos o bulbo arterioso para separar o corazón. O seguinte é extraer o ril. Por último extraemos o éncefalo, para esto temos que facer un corte con forma triangular no cráneo da troita.

5) Colocar todos os órganos nun lugar limpo para poder avalialos ademais, temos que describir as posibles lesións.

Nesta imaxe podemos observar os distintos órganos que foron extraidos da troita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario