venres, 28 de maio de 2021

Caso 6 - G6SX

CSI Animal CASO 6

G6SXL e G6SXR

Porca Lola


CSI Animal: O caso da porca Lola

Este é o caso dunha porca de 3 meses, dunha explotación porcina de 2000 animais.

Antecedentes: Nesta granxa rexístrase nun corto período de tempo unha alta mortalidade entre os ranchos de entre 2 e 4 meses. A sintomatoloxía que presentaban era: Apatía (traducida tamén nunha falta de apetito, polo que non medraban), tos, e nalgúns casos diarrea con feces escuras.

Como cambio na rutina habitual da granxa cabe resaltar que se estaba atravesando un período de reformas e a sospeita particular da granxeira sobre un dos operarios, debido  ás súas frecuentes visitas ás porqueiras.

O problema das mordeduras no rabo e orellas podería estar relacionado co estrés dos propios animais, xa que provoca irritabilidade dos animáis e conduce a ese problema. O estrés pode estar provocado por unha temperatura inadecuada, mala ventilación, alimentación restrinxida ou un cambio na súa rutina. De feito, nos pensamos en que este problema podería estar causado polas obras e tamén polas frecuentes visitas a granxa dun individuo que non coñecen. A rutina da granxa sempre é a mesma, polo que os animáis están acostumados a unha vida tranquila e sen ruidos, as obras próximas rompen con esa paz, polo que consecuentemente, estrésanse.

  • Resultados da necropsia:

Palidez da mucosa oral, líquido turbio e amarelado nas cavidades torácica e abdominal, lesións pulmorares afectando a maior parte do órgano, que presenta unha cor vermella e unha consistencia máis firme e adherencias á parede da cavidade torácica, nódulos con pus, bronquios que expulsan líquido mucoso, ganglios linfáticos do mediastino aumentados de tamaño e con material purulento, úlcera arredondada no estómago na rexión do cardias, sangrado recente pero non activo no estómago e no intestino. O salientable deste caso son as lesión pulmonares, que afectan o 80% do órgano. Ademáis tiña un característico cor vermello.

Plantexamento das hipóteses: o primeiro que pensamos foi nunha afección pulmonar bacteriana, debído ós principais síntomas tanto desta porca como doutros animais da granxa.


  • Hipóteses:

Tras ver a mostra (tinguida con hematoxilina-eosina) pensamos que esta porca podería ter unha pneumonía xa que se poden apreciar os sacos alveolares inflamados, porque nalgunhas zonas non se ven os espacios que deberían ter entre eles.

A mostra cedida para realizar este traballo pertencía ao pulmón dunha porca. O tecido mediante o que está formado un pulmón denomínase tecido epitelial de revestimento, son aqueles formados por unha ou varias capas de células que recobren todas as superficies do organismo, tales como a pel que está en contacto co exterior, coma no caso do pulmón que segue sendo de revestimento, pero neste caso interno (no pulmón).

Os epitelios son conxuntos de células con moita unión entre elas a través de nexos intercelulares. Estas unións estreitas impiden a libre circulación de sustancias grazas a formación de barreiras protectoras e impermeables. Os epitelios rexenéranse de xeito continuado xa que están sometidos a un gran desgaste.

Existen diversos tipos de tecidos epiteliais, destacan:

  • O Escamoso simple.
  • Simple cuboidal.
  • Columnar simple.
  • Estratificado escamoso.
  • Estratificado cuboidal.
  • Estratificado columnar.




Para clasificar os distintos tipos de texido, baseámonos  na súa disposición, parte do corpo onde se encontran, número de capas...
A que está presente no pulmón, polo cal, a que estudaremos a continuación é un tipo de tecido escamoso simple.

Este tecido está formado únicamente por unha capa de células, polo que será doado observar os séus compoñentes no microscopio, a luz deste transpasará sen problemas a fina capa de células. Ademáis este texido caracterízase por participar en procesos de difusión, ósmosis, filtración e absorción.

  • A seguir, explicaremos os compoñentes máis relevantes que inclúe a mostra de texido epitelial da porca enferma, a información estará acompañada da súa respectiva imaxe onde se pode ver o compoñente citado.














4x
Estas dúas imaxes foron tomadas no laboratorio de bioloxía, cunha ampliación de 4x. Non se aprecian as súas partes como é debido, por iso pasaremos a falar delas unha por unha cun maior aumento a continuación.






Nesta primeira imaxe tomada mediante un aumento de 4x observamos parte da parénquima pulmonar mostrando varios alvéolos pulmonares, separados entre eles por unha serie de tabiques interalveolares.  

Nesta imaxe non é posible chegar a ver os alvéolos, para iso necesitaríamos un aumento de 100x. 



4x





Na imaxe que aparece a continuación podemos distinguir os alvéolos e o seu núcleo, evidentemente, grazas a un tintura especial para isto.  Esta imaxe non foi tomada no laboratorio cos microscopios, se non que está sacada dunha páxina de internet.




100x



En esta imaxe tomada dende o microscopio cun aumento de 4x sinala unha vénula pulmonar, onde se aprecian as seguintes capas que integran a súa parede:

  • A íntima, formada por endotelio en contacto ca luz da mesma.
  • Media, na que se observan  os núcleos das súas células conxuntivas.
  • A adventicia, situada máis externamente.
  • Tabiques interalveolares, estes encóntranse en torno ó vaso. 


4x



Podemos destacar esta parte do texido, tampouco foi feita dende o laboratorio. 

Está tomada cun aumento de 40x, esta é a parede bronquial e en ela distinguimos o epitelio ciliado e a capa muscular formada por fibras musculares lisas. Tamén se observan algunhas glándulas bronquiais  de tipo pseomucoso xunto a parede. Tamén se aprecia parte dos tabiques interalveolares, inapreciados na mostra da nosa porca.

40x





Por último, destacaremos a parede do bronquio, revestida no seu interior por epitelio ciliado e formada ademáis, por unha lámina propia conxuntiva, xunto con fibrinas musculares lisas, cuxos núcleos son igualmente visibles.

Na parte superior da imaxe observamos unha placa de cartílago hialino.










100x


Con toda esta información concluímos que a porca podería ter unha pneumonía, xa que nas mostras realizadas dende o microscopios pódense apreciar os sacos alveolares inflamados, xa que nalgunhas zonas non se ven os correspondentes espazos que debería haber,  denominados tabiques interalveolares. 

A aparición dunha pneumonía puidose ver favorecida  polos elevados niveles de pó e bacterias no aire, polos altos niveles de CO2 e amoníaco e a estancia no mesmo espazo durante períodos moi prolongados. Investigamos sobre a pneumonía en porcos, e atopamos a seguinte información:


Pneumonía Bacteriana Porcina

Nesta imaxe podemos obsevar un pulmón dun porco falecido pola pneumonía, e no que se poden apreciar as características descritas pola veterinaria tras a necropsia da porca Lola. O que máis destaca nesta imaxe é a característica cor vermella e abundantes nódulos de variable tamaño, coma no caso da nosa porca.




A pneumonía é unha inflamación dos pulmóns causada pala infección dun virus ou unha bacteria.

Esta é moi común, xa que poucas son as especies que non corren riscos a padecer esta enfermidade. A bacteria causante da neumonía porcina ou pasteurelosispertence ó xénero Pasteurella. Esta é unha enfermidade con variantes propias nos bovinos, porcinos, aves e coellos.

É unha enfermedade que se caracteriza por bronconeumonía e evoluciona ocasionalmente con pericarditis e preuritis, xeralmente afecta a porcos de máis dun ano, no noso caso a porca ten menos de 4 meses.

Os síntomas principais , caracerízase por provocar febres altas, escalofríos, dor intenso no costado do corpo, tos etc.

Os peores síntomas máis graves que pode producir son disnea e respiración abdominal dificultosa, descargas nasales non moi abundantes, febre alta (40-42 Cº), respiración bucal, cianosis nas extremidades e fortes ruidos pulmonares. Por último, se non se trata adecuadamente ou a tempo produce unha menor taxa de crecemento e por último a súa morte.

Os hallazgos post-mortem dun porco falecido por neumonía presentan espuma na tráquea, ademáis de estár conxestionados. Tamén se observa un edema visible ó cortar o texido pulmonar. Nos lóbulos pulmonares anteriores encontranse áreas atelectásicas, e nos casos máis graves tamén nos lóbulos diafragmáticos. Polo xeral, observase unha pleuresía fibrinosa, é dicir, unha inflamación aguda da pleura.

Diagnóstico: A pneumonía porcina é similar clínicamente, a peste porcina, a erisipela, a salmonelosis e a disentería porcina. Polo que se require un diagnóstico diferencial. Para o diagnóstico no laboratorio deberase aislar a P.multocida, que forma colonias de 3-5 mm de diámetro en agar-sangue. Pode provocar eritema nas probas realizadas na pel de cuyes, é letal para os ratos e pode ser detectada en culstivos celulares de fibroblastos de pulmón bovino e células VERO.

Faise un frotis na superficie de corte dos pulmóns afectados, mostrarán masas de cocobacilos cunha coloración bipolar.

O axente que causa a pneumonía é a pasteurella multocida, que é un cocobacilo Gram negativo. Os séus factores de virulencia asocianse a unha endotoxina e a cápsula citotóxica. É moi pouco resistente ao calor. A bacteria ten forma de bacilo pequeno ( 0,2 a 1,25 micras).





No xénero pasteurella existen dúas subespecies moi patóxenas, son a P. multocida que a posúen todos os mamíferos e moitas aves, e o P. haemolytica, que incorporan toxinas e antíxenos capsulares e somáticos

En canto o tratamento da pneumonía, os animais afectados poderán ser tratados de forma individual con diversos antibióticos e con posterioridade, os grupos de porcos que compartan o mesmo espacio deberán ser tratados con derivados solubles en auga. Este tratamento debese levar a cabo o máis rápido posible co fin de curar o animal, e que non conleve a un estado peor, tamén para reducir a contaminación no medio ambiente.

Outras hipóteses baraxadas:

A vez que investigamos sobre unha posible pneumonía, pensamos tamén noutras opcións, tendo en conta a  curta idade da porca e dos demais ranchos enfermos da granxa. Atopamos outras enfermidade cunha sintomatooxía moi semellante á da porca, e que adoita afectar a ranchos novos, pero descartámola ao non ter probas concluíntes da mesma e ter  a mostra do pulmón da porca necropsiada. Sabemos por isto que a porca padeceu dunha pneumonía, e investigando descubrimos que a enfermidade de Glasser pode estrar causada porunha pneumonía. A nosa hipótese foi que estes porcos sufriron unha neumonía motivada principalmente polo estrés, e as malas condicións ambientais da granxa nese momento, e decidimos retarlle importancia á idade de moitos dos porcos falecidos debido a que eran lactantes e tiñan contacto directo coa nai. Axhegamos tamén información sobre a enfermidade de Glasser: 

Enfermedad de Glässer, está causada por unha bacteria septicémica que causa unha poliserositis e artritis esporádica en lechones e porcos de cebo.


Esta encóntrase por todo o mundo e está presente incluso en granxas modernas  e con boa sanidade. As porcas nais crean unha forte inmunidade que normalmente persiste nos seus descendentes entre 3-5 semanas. A veces pode estar presentes en lechones lactantes, principalmente en granxas modernas nas que as porcas son primerizas.

Pode actuar como patóxeno secundario a outras enfermidades, como pode ser a neumonía enzoótica. A glaesserella parasuis ataca as superficies serosas que recobren as articulacións como pode ser o intestino, pulmóns, corazón e o cerebro.

Os síntomas nos porcos lactantes, no noso caso de 4 meses son:

  • Enfermidade aguda:
  1. Deprímense rápidamente.
  2. Temperatura elevada.
  3. Inapetencia, poucas ganas de comer (isto podemos velo reflexado no feito de que os ranchos máis pequenos desta granxa non medraban coma deberían.)
  4. Non se queren levantar.
  • Enfermidade crónica:
  1. Porcos pálidos e de lento crecemento.
  2. Pódense dar mortes súbitas.

As causas ou factores que contribuen poden ser:

  1. Granxas grandes con boa hixiene.
  2. Estrés.
  3. Ambiente inadecuado, correntes de aire...
  4. Pode ser desencadenada por PRRS, gripe ou pneumonía enzoótica.
Para controlar ou prever ista enfermidade, coñécese que é sensible a un amplo abanico de antibióticos, tamén deberán recibir tratamento pronto si se producen casos de meninxitis.

O feito de que o estrás e as correntes de aire influan concorda perfectamente coa situación que estaban vivindo os animáis coas obras da granxa, pero pansamos que é importante resaltar que unha causa importante da enfermidade é a pneumonía, e non temos probas específicas de que morresen pola enfermidade de Glässer, se non que temos a mostra do pulmón, do que nos fai estar seguros de que tiñan unha pneumonía e que provocou a morte da porca.


Webgrafía do traballo

Para realizar este traballo tivemos que consultar algúnhas páxinas de internet para recopilar información sobre o noso caso da porca. A continuación destacaremos todas as páxinas utilizadas para buscar a información necesaria para realizar o traballo.

A primeira imaxe que aparece no título foi sacada da seguinte páxina web:

https://culturacientifica.com/2018/09/23/la-enmaranada-historia-de-los-cerdos/


A información máis relevante en canto o texido epitelial foi sacado da seguinte páxina, é unha páxina orientada ás persoas pero serviunos perfectamente para este traballo polas similitudes existente entre os dóus tipos de corpos:

https://www.fisioterapia-online.com/glosario/tejido-epitelial


A imaxe dos distintos tipos de texidos epiteliais encontrámola na wikipedia:

https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Illu_epithelium.es.png


Continuamos explicando todas as partes que observamos nas mostras tomadas no laboratorio co movil sobre o texido pulmonar, iso máis as imaxes cunha vista de máis de 40x aumentos serán sacadas da páxina que mostramos a continuación:

http://www.ujaen.es/investiga/atlas/


As ideas principais da pneumonía bacteriana porcina estarán recollidas desta páxina:

http://www.aacporcinos.com.ar/porcinos_sistema_productivo/porcinos_sanidad/neumonia_bacteriana_porcina.html


Imaxe do pulmón vermello da necropsia dun porco enfermo falecido por unha pneumonía: 

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQral5FubTCs7yN-aOgRksUZj4FQZmyyWAwVr_ydUqmaoHr7pCspO7a02l6smRPc6oH4-w&usqp=CAU


Por último, destacaremos a páxina web onde buscamos información sobre a enfermidade de Glässer, foi añadida porque esta enfermidade causaba síntomas moi semellantes ós descritos no caso:

https://www.3tres3.com/enfermedades/enfermedad-de-glasser_48


A imaxe dos problemas que conleva a enfermidade de Glässer en porcos:

https://image.slidesharecdn.com/enfermedaddeglasser-140220200054-phpapp01/95/enfermedad-de-glasser-7-638.jpg?cb=1392929895




















 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario