venres, 28 de maio de 2021

FROTIS G3SXR



PROBAS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO


Este tipo de probas axudan a orientar o diagnóstico e entre elas destaca o frotis sanguíneo, o cal consiste en analizar una mostra de sangue e ver a cantidade de células sanguíneas e a súa forma. 

Imaxe de arriba: foto de células sanguíneas da troita con obxectivo 10 e ocular 10 e a de abaixo é outra imaxe onde vemos unha célula sanguínea de cada tipo. 




O primeiro paso é a extracción de sangue, para isto necesitas pinchar e extraer unha gota de sangue pola vea caudal, situada baixo a liña lateral. A agulla debería ser dun ml de capacidade e de agulla fina e pinchar dirixíndoa cara arriba cun ángulo duns 45º . Tras extraer o sangue colocas a gota na parte exterior (nunha esquina) do portaobxectos, e con outro portaobxectos a inclinamos primeiro cara atrás e logo a extendemos polo resto do portaobxectos . Abaixo unha imaxe onde vese unha gota de sangue (aínda que demasiado abundante  neste caso) na esquina do portaobxectos antes de estendela. 



Para tinguir o sangue déixase secar un rato e logo somérxese 5 veces en cada líquido  (primeiro no azul celeste, logo no rosa e por último no bote azul escuro, depois a aclaras con auga e a deixas secar e logo está lista para poñerse no microscopio. Abaixo unha foto do frotis realizado na clase onde vese os tres recipientes cos líquidos nos que bañar a mostra antes de poñela a secar para observala logo no microscopio. 
 

Ademáis do frotis sanguíneo existen outros métodos de diagnóstico rápido como por exemplo o raspado da pel e branquias, onde colles unha mostra da pel raspándoa cun bisturí ou co mesmo portaobxectos e logo bótaslle por enriba soro fisiolóxico para poder vela no microscopio. Outras probas son as preparacións en fresco de branquia (estender as branquias ata que queden separados cada un dos filamentos que as forman e así poder velos no microscopio), impregancions de branquias e outros texidos, esmagamentos de tecidos, exame de feces... 


Ningún comentario:

Publicar un comentario