Donald: un cazón liso
A aneurisma branquial ou tamén chamada telangiectasia é unha resposta aguda a unha inxuria branquial, que se corresponde coa pérdida da integridade vascular da branquia, causada pola ruptura das células pilares ou as súas unións. Isto trae como consecuencia a dilatación dos capilares e a acumulación de eritrocitos.
*Comprobación de dita información no noso caso*
Macroscópicamente os peixes, neste caso tiburóns, afectados presentan puntos de color vermello a nivel branquial, os cales (como puidemos ver na nosa mostra histolóxica) o noso tiburón posúe.
| Mostra histolóxica das branquias do noso tiburón, H&E, 100 X. |
![]() | |||
Mostra histolóxica das branquias dun salmón, H&E, 100 X. Onde se observa a presencia de telangiectasia multifocal (aneurisma). | |
Esta enfermidade normalmente é causada por tóxicos ou pola calidade da auga, polo cal a nosa primeira hipótesis é:
Que durante o tempo no que o acuario estivo sen electricidade e os sistemas de seguridade fallaron alguén puido botar algún tóxico que afectou a todos os organismos do tanque. Esto provocou a aneurisma branquial. Creemos que pode ser esta enfermidade porque a nosa mostra presenta a mesma estructura que imaxes microscópicas de esta enfermidade. Por outra parte é extraño que alguén botase un tóxico no acuario polo que cremos que podía ser unha substancia xa presente.
Como nos parece raro que alguén bote tóxicos nun tanque seguimos buscando información, e creamos unha nova hipótese.
Que durante este mesmo período de tempo non houbo luz, polo que as plantas non puideron realizar a fotosíntesis. Esto provocou que houbese menos oxígeno no tanque e tamén que non pudieros asimilar substancias nocivas como o amoníaco, ou metales pesados que conteñen substancias que poden ser nocivas. Ademáis disto a falta de osíxeno e baixadas de temperatura por culpa da caida da electricidade, puido levar a Donald a algún episodio de estrés, polo que nadaba máis despacio, non comía e respiraba axitadamente. Esto tamén puido debilitar as súas defensas e que os tóxicos afectasen máis.
Unimos as dúas primeiras hipóteses:
A pesar de que sólo faltase electricidade durante catro horas, as plantas deixaron de facer a sua función de asimilación de substancias nocivas, e tamén a fotosítese, pola falta de luz. A maior cantidade de substancias tóxicas levou a que o noso tiburón incuvase unha aneurisma branquial, como vemos as extructuras pardas na mostra do microscopio. En segundo lugar a falta de osíxeno por non facer a fotosíntese e tamén os cambios de temperatura polo corte de electricidade puido levar ao tiburón a un episodio de estrés.
Cremos que esta pode ser a causa da morte debido a esta información que encontramos:
Síntomas dun peixe estresado:
- O peixe permanece cerca da superficie abrindo a boca para respirar, indicando que ten dificultade para obter suficiente osíxeno. Esto pode estar producido pola baixa concentración de osíxeno debido a pouca circulación da agua, toxinas que dañan as branquias, altos niveis de amoniaco ou nitritos, etc.
- Os peixes non queren comer, ou comen con menos ganas que antes.
- O peixe ten aletas rotas, feridas abertas que parece que no curen.
Despois de ver a fotografía a cor do caso comprobamos que nas branquias víanse uns parasitos.
| Imaxe das branquias do noso tiburón a simple vista. |
A continuación investigamos os posibles parasitos que podían afectar as branquias e a pel de Donald. O parasito que encontramos e que produce ao hospedador os síntomas que tiña o noso tiburón é o Ergasilus, un parasito da familia dos copépodos (crustáceos) que é frecuente en peixes.
Os síntomas comúns de este parasito, e os cales tiña Donald, son:
- Perdida de apetito.
- Hemorragias ou feridas nas aletas (como as ulceras que presentaba )
- Hiperplasia branquial ou aumento do tamaño das branquias, que pode causar aneurisma.
- Dificultade respiratoria.
- Nadan cerca da superficie.
- Ráscanse ou frótanse.
As femias de estos parasitos son ectoparasitos (organismos que habitan no exterior de outro organismo e se benefician da relación a expensas de este) e poden atoparse na pel, aletas e branquias dos seus hospedadores, aínda que maioritariamente nos filamentos branquiales.
*Creamos unha 3ª hipótese*
Despois de todo isto creamos a nosa terceira e última hipótese:
Creemos que a causa da morte do noso tiburón puido ser causada principalmente por culpa de estos parasitos, denominados Ergasilus. O noso individuo presenta síntomas moi semellantes, ou poderíamos decir iguais, aos que presenta calquera outro individuo afectado por estes parasitos. Presenta dificultade respiratoria, perdida de apetito, aumento do tamaño das branquias (aneurisma), feridas nas aletas...
*Conclusión*
Na nosa opinión e despois de indagar sobre as posibles causas da súa morte durante varios días, creemos que o noso tiburón morreu debido a unha infección causada por estes parasitos da nosa 3ª hipótese. Refutamos as dúas primeiras hipóteses porque pensamos que non son moi adecuadas, xa que non é moi normal que alguén tire un produto tóxico no tanque do acuario coa intención de danar aos seres vivos que residen nel e tampouco que debido a falta de electricidade por 4 horas o tiburón vírase tan afectado. Debido a que creemos que a falta de electricidade puido afectar no comportamento do tiburón, pero non en tan alta medida. O mais crible e normal é que os parasitos descubertos ao final da nosa investigación causaron en Donald esta multitute de afeccións. Que son:
- nadar lentamente na superficie da auga.
- non comer.
- respirar axitadamente.
- úlceras profundas na pel das aletas dorsal e caudal.
- branquias moi vermellas e con estructuras pardas distribuidas por toda a superficie dos filamentos.
*Webgrafía*
Aneurisma (Telangiectasia) branquial: Artefacto o hallazgo patológico agudo (marcosgodoy.com)
PMF ACUARIOFILIA - PRINCIPIANTE - EL ESTRES (thekrib.com)
Ergasilus - Wikipedia, la enciclopedia libre





Ningún comentario:
Publicar un comentario