domingo, 23 de maio de 2021

Frotis Sanguíneo de G6SXR.

Frotis Sanguíneo da Troita


Xunto coa necropsia da troita, tamén realizamos na clase de Bioloxía de 1.BAC un frotis sanguíneo ou extracción de sangue. É un proceso simple que consiste en extraer unha pequena mostra de sangue do animal, no noso caso a troita para analizalo co microscopio do laboratorio.

  • Utensilios que necesitamos:

1. 2.

3.4.


  1. A troita, extraeremos o sangue dela.
  2. Xeringa e agulla, para succionar o sangue e para penetrar a pel.
  3. Dous portaobxectos para extender unha capa de sangue nun deles, e para poder ver o sangue no microscopio, xa que transpasa moi ben a luz neste.
  4. Guantes para hixienizar o proceso e que non se contaxien bacterias das mans ás mostras de sangue.

  • Seguiranse os seguintes pasos:
Primeiro colocaremos a agulla na xeringa para cravar na troita. Unha das mellores zoas para conseguir sangue encontrase na parte traseira do animal, preto da aleta caudal, por debaixo da liña lateral. A vea que trataremos de buscar será a vea caudal.


A seguir, succionaremos o sangue, e, unha vez que a obteñamos poñerémola nun dos portaobxectos e, axudándonos do outro, extenderémola para que quede unha fina capa de sangue. Se queda unha capa moi grosa non se verá ben a mostra no microscopio, polo que non transpasará ben a luz. Este proceso débese facer rápido, xa que traballamos con sangue líquido. Se o proceso dura demasiado esta coagúlase, é dicir, sécase ou solidifícase polo contacto do aire.

  • Exténdese o sangue da seguinte forma:


  • Así queda o portaobxectos antes e despóis de extender o sangue:

Unha vez que esta xa está extendida, aplicaráselle un tinte especial, tras deixar secar (ahora sí) o sangue no potaobxectos durante unhos minutos. Esto aportarálle unha cor escura o sangue. É moi útil, deste xeito poderemos diferenciar as células que o compoñen.
Aplicaranse diferentes tintes, o primeiro será o panóptico rápido 1, que ten unha cor azul clara, segueo o panóptico rápido 2, que ten cor rosa e por último o panóptico rápido 3,que é o que lle aporta ese cor escuro característico a mostra. Por último, aclarase cun pouco de auga e deixaremolo secar.




Unha vez seca a mostra, cubrirémola cunha pequena lámina transparente para que quede sellada e nada poida entrar en contacto con ela. Unha vez feito esto xa estará preparada para ser observada co microscopio. Nas fotos que aparecen a continuación que foron tomadas dende o móvil vemos principalmente glóbulos vermellos, que son as células que aportan a cor característica o sangue, estas encárganse do transporte de osíxeno ó resto das células do corpo.
Na imaxe vista con 40x aumentos vemos os núcleos dos glóbulos vermellos dunha cor diferente nos núcleos, grazas o tinte previamente aplicado. O núcleo nas células vermellas é exclusivo dos anfibios, reptís e aves. Os mamíferos, coma nos non o temos.

10x40x















Ningún comentario:

Publicar un comentario