NECROPSIA DA TROITA:
Fixen un exámen completo e ordenado dunha troita, para desta maneira ver os organos e as partes externas dela. En primeiro lugar coloquei a troita de lado e inspeccionei a pel, aletas, ollos, boca e branquias.
Unha vez feito isto localizei o ano, para poder facer unha incisión dende él ata a mandíbula, rematando de abrir facedo outro corte por riba da liña media chegando tamén a mandíbula. Unha vez aberta a troita distinguín todas as partes da troita para poder estraelas ordenanda e cuidadosamente. Primeiro cortei a parte do estómago que se unía na zona da cabeza, para poder separala. deste modo quitei o fígado, o brazo, o corazón e o estómago.Despois disto ,coa axuda dun cuter, fun extraendo a vexiga natatoria, deixando espazo para poder quitar o ril con cuidado de non rompelo. Ao rematar de extraer os órganos da cavidade abdominal pasei con órganos da zona da cabeza, empezando coa extracción dos ollos cortando os nervios que se unían co encéfalo, depois fixen un corte en forma de triángulo, na parte de enriba da cabeza para extraer o encéfalo, e por último cortei as branquias.


Ningún comentario:
Publicar un comentario