NECROPSIA DA TROITA.
Este é un proceso a través do cal podemos ver o estado dun animal morto, neste caso dunha troita, e descubrir cambios morfolóxicos en órganos e tecidos para poder encontrar a causa da morte ou enfermidade do animal. Neste caso, contamos cunha troita sana, e usarémos a necropsia para examinar ás súas partes.
O material que necesitamos para realizar esta actividade é o seguinte:
1. Guantes para manipular a troita.
2. Tisoiras para abrir a troita.
3. Pinzas para extraer os órganos.
4. Bisturí que ten a mesma función que as tisoiras.
5. Agulla para extraer sangue.
6. Portaobxectos para extender o sangue.
7. Bandexa para colocar a troita e os órganos.
O primeiro que debemos facer é un examen previo do estado da troita, identifcando as aletas e as distintas partes superficiais ( a pel, os ollos, a boca, as aletas e as branquias) .
2. Opérculo.
3. Liña media.
4. Aleta dorsal.
5. Aleta adiposa.
6. Aleta caudal.
7. Aleta anal.
8. Ano.
9. Aleta pélvica.
10. Aleta pectoral.
11. Boca.
Foto 2: branquias.
O seguinte que debemos facer é un corte pola liña media desde o ano ata a mandíbula, e a continuación levantar a parte cortada para ver a troita por dentro.
Unha vez temos a troita aberta, inspeccionamos a cabidade abdominal, pericárdica e cranial. Despois disto, extraemos os distintos órganos. Comezamos polo estómago, o intestino e o fígado que o podemos sacar todo xunto. Despois sacamos a vexiga natatonia, con coidado de non rompela. Por último sacamos o ril e o corazón. Despois deste paso abrimos o cráneo, facendo un corte en forma de triángulo e extraemos o encéfalo. Unha vez temos todos os órganos internos fora e ben colocados, podemos sacar os ollos, as branquias e cortar as aletas.



Ningún comentario:
Publicar un comentario