luns, 24 de maio de 2021

NECROPSIA DA TROITA

 

NECROPSIA DA TROITA


   A necropsia é un exame completo, oredeado e sistemático que se realiza sobre o cadáver dun animal, co fin de coñecer a causa da morte ou da enfermidade do mesmo, a través de cambios morfolóxicos en órganos e tecidos.

   Antes de nada temos que ter todo o material colocado e limpo.


1. tesoiras para abrir a troita
2. pinzas para poder extraerlle os órganos a troita
3. bisturí para abrir a troita, como as tesoiras
4. agulla e xeringa para extraerlle o sangue a troita
5. portaobxectos para depositar o sangue
6. bandexa para colocar a troita e os seus órganos
7. luvas para manipular, hixiénicamente, a troita

   Antes da necropsia da troita prodecimos a estración do sangue. A continuación, despois de arduos intentos por extraerlle o sangue, fixemos un análise externo do animal.




   Colocamos a troita sobre o seu lado dereito e inspeccionamos a pel, as aletas, os ollos, a boca e as branquias (levantando o opérculo).


   Coas tesoiras (que foi coas que eu o fixen, aínda que pódese facer tamén co bisturí) realizamos unha incisión pola liña media (a parte inferior) dende o ano ata a mandíbula, e levantamos a parede abdominal para poder ver os órganos da troita.

   Cando temos a troita aberta inspeccionamos as cavidades abdominal, pericárdica  e cranial. 
A continuación comezamos a sacar os órganos, primeiro extraemos o intestino, o fígado, o estómago e os cegos pilóricos, que se poden sacar todos xuntos; despois procedemos a substraer a vexiga natatoria, con moito coidado, xa que é doado de romper; logo extraemos o ril (tamén con coidado) e o corazón; por último, facemos dúas incisións na cabeza da troita de forma oblícua e unha última, unindo os extremos máis alonxados das anteriores, na base da cabeza (teñen que ser cortes profundos), e o levantalo, se non o danamos, podemos extraer o encéfalo.

   Despois de colocar todos os órganos da troita na bandexa, se queremos, podemos quitarlle os ollos e, ou,  cortarlle as aletas, ademais de sacarlle as branquias.














Ningún comentario:

Publicar un comentario