luns, 24 de maio de 2021

NECROPSIA EN TROITA

 Técnica da necropsia en troita


A necropsia trátase dun exame completo do cadaver dun animal co fin de determinar as causas da súa morte ou enfermidade.

Material empregado:

-Unhas luvas.

-Unhas pinzas.

-Unhas tesoiras coas que realizar a incisión.

-Unhas pinzas.

-Un portaobxectos e unha xeringa para a realización dun frotis sanguíneo (explicado noutra entrada).



Pasos a seguir da necropsia en troita:

1) Colocase a troita sobre o lado dereito.

2) Realízase un exame externo para comprobar que o animal non ten ningunha lesión ou ferida na pel, ollos, bránqueas, etc.

3) Tras comprobalo, realizamos unha incisión desde o ano ata o opérculo ó longo do abdome, outra pola liña media ata a mandibula, e rematamos retirando a parede abdminal sobrante.

4) Inspeccionamos as cavidades abdominal, pericárdica e cranial e extraemos as vísceras. Para isto comezamos cun corte no esófago para extraer os órganos da cavidade celómica, outro no bulbo arterioso para separar o corazón, extraemos oril coa axuda dun bisturí e finalmente abrimos a cavidade craneal con 3 cortes en forma de triángulo para extraer o encéfalo.

5) Expoñer os órganos extraidos nunha zona limpa para avalialos correctamente e describir todas as lesións apreciables.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario