domingo, 16 de maio de 2021

Proba de Diagnóstico Rápido

 EXTRACCIÓN DE SANGUE

   A proba de diagnóstico rápido que levamos a cabo foi a través da extracción e exame do sangue dunha troita.

   Para a proba utilizamos unha xiringa de 1 ml de capacidade cunha agulla fina, dous portaobxectos e tres líquidos de tinguidura rápida.






   Despois de ter os materiais propiamente dispostos procedImos a extracción do sangue.

   A extracción efectúase na vea caudal, que se atopa baixo a liña lateral. Para extraer o sangue temos que cravar a agulla uns milímetros por debaixo da mesma, dirixíndoa dende a aleta caudal cara a cabeza, preferentemente cunha inclinación duns 45º.



   Unha das cousas máis importantes a hora de realizar a extracción do sangue da troita é a paciencia, xa que non é fácil atopar a vea caudal, e probablemente non se conseguirá á primeira.

   Cando logramos realizar a extracción realizamos un frotis coa mostra do sangue, o frotis realízase depositado unha gota do sangue nun estremo dun dos portaobxecto, e coa axuda do outro portaobxecto se estende a mostra. Para obter unha boa extensión da mostra se apoia o outro portaobxecto inclinado por diante da mostra, despois lévase amodo cara atrás ata tocar parte da gota de despois se realizar un movemento contínuo cara adiante, como na seguinte fotografía.





   Posteriormente tinguimos o sangue, deixámola secar ó aire e a mergullamos cinco veces en cada un dos líquidos de tingura rápida, comezamos co líquido azul claro (panóptico rápido 1), despois na rosa (panóptico rápido 2) e finalmente na azul escura (panóptico rápido 3), despois aclararase con auga da billa. Cando seque xa a poderemos estudar no microscopio.




   Ó observar a mostra no microscopio puidemos apreciar que os glóbulos vermellos da troita, e posiblemente do resto dos peixes, posúen nucleo, en contraste cos dos mamíferos que carecen deles. 











 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario