sábado, 15 de maio de 2021

PROBA DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO.

EXTRACCIÓN E EXAME DO SANGUE. 

 Esta proba de diagnóstico rápido é a de extracción e exame do sangue, neste caso dunha troita. 

Para esta actividade necesitaremos o seguinte material:  unha xiringa de 1 ml cunha agulla fina, dous portaobxectos e líquidos de tinguidura rápida. 


                                           
                                                                                                                                   
                  
    











O primeiro paso que debemos facer é localizar a liña lateral da troita, e pinchar na vea caudal, a cal se atopa milímetros por debaixo da liña. É preciso pinchar coa agulla un pouco inclinada para poder extraer mellor o sangue. 


Unha vez consigamos unha gota de sangue, procedemos a facer un frotis , colocando a gota nun extremo dun portaobxectos. Collemos o outro portaobxecto, co que vamos a extender, e o apoiamos na gota. Arrastramos un pouco cara atrás e despois extendemos o sangue cara diante, ata que quede ben extendida, como se mostra na fotografía: 

                            

Cando teñamos o sangue ben extendido, pasamos á tinción do mesmo. Para este proceso metemos a mostra 5 veces en cada un dos líquidos da primeira  fotografía (primeiro o azul claro, despois o rosa e por último o azul escuro) e aclaramos con auga. Unha vez este seca a mostra, podemos vela no microscopio. 
Ao ver o sangue no microscopio, descubrimos que os glóbulos  vermellos da troita  (e seguramente de todos os peixes) teñen núcleo, a diferenza dos glóbulos dos mamíferos que carecen del. Eses puntiños negros que podemos ver na imaxe son os núcleos dos glóbulos vermellos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario