martes, 25 de maio de 2021

PROBAS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO

                                                          Extracción de sangue


Previamente á necropsia da troita, realizamos unha proba de diagnóstico rápido, consistente unicamente

en extraer unha pequena cantidade de sangue do interior da troita para poder examinala ao microscopio despois.

O material que precisamos para levar isto a cabo foi simple:

 En primeiro lugar, a troita, da que extraeremos o sangue.

 Unha xiringa de pequeno tamaño (capacidade de 1 ml e agulla fina)

 Dous portaobxectos transparentes, que empregaremos posteriormente para poderexaminar o sangue.

 Unhas luvas de látex para evitar a contaminación con axentes patóxenos das mans átroita ou viceversa.





Os pasos a seguir para a realización desta proba son os seguintes:
Collemos a xiringa para extraer o sangue. Isto ímolo facer na vea caudal. Para atopar a vea, fixámonona liña lateral da troita e pinchamos baixo esta preto da aleta caudal.
















Unha vez logremos levar este paso a cabo, succionaremos unha pequena cantidade de sangue (non é necesario moito, xa que ímolo ter que estender).
Unha vez temos a cantidade adecuada de sangue na xiringa colocámola no bordo dun dos portaobxectos e a continuación movémolo cara diante e cara atrás para que se estenda.
Axudarémonos do outro portaobxectos para levar a cabo o proceso. Ë importante saber que debemos ser rápidos nesta parte, xa que o sangue tarda pouco en coagular (volverse sólido ao contacto co aire) e, se isto pasa, non poderemos velo ben no microscopio.
Unha vez temos o sangue uniformemente estendido no portaobxectos nunha fina capa, é o momento de deixalo secar durante uns cinco minutos. Tras este tempo aplicarémoslle unha tintura especial, que lle conferirá unha cor escura que nos permitirá ter unha maior diferenciación das partes que atopemos cando observemos o sangue ao microscopio.
Aplicaremos un total de 3 tinturas, que son panópticos rápidos, cando un dos que empreguemos será máis escuro ca o anterior. A continuación aclaramos a mostra con auga tibia e só temos que agardar a que seque.








O resultado foi o seguinte:






Nesta fotografía o que apreciamos principalmente son os glóbulos vermellos. Como curiosidade, achamos que os glóbulos vermellos da troita e dos peixes en xeral, ademais dalgúns anfibios, répiles e aves posúen un núcleo diferenciado e de considerable tamaño, ao contrario que a maioría dos mamíferos, que carecen dun núcleo nos glóbulos vermellos.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario