martes, 25 de maio de 2021

Necropsia Rubensanxi

 Traballo Necropsia Terceira Avaliación.



1.-Aprender a técnica da necropsia en troita.

A necropsia, neste caso feita nunha troita, é un estudo que se lle realiza a un cádaver para investigar e determinar a causa da súa morte. É un sinónimo de autopsia porque ambos casos estudan os cadáveres.

A necropsia realízase co fin de investigar cal foi a causa da morte do animal que estamos analizando e atopar algunha lesión que nos facilite a causa.

A seguinte imaxe mostra unha foto do material empregado na necropsia:


Pasos para a realización da necropsia:

O primero que facemos é observar a parte externa da troita identificando a boca, os ollos, a pel, as branquias e as aletas para poder comezar cunha exploración interna moito máis axeitada, precisa e observar se ten algunha lesión. A continuación debemos cortar dende o ano da troita ata a súa mandíbula e retirar dita parte para comezar a extraer os seus órganos.

Comezamos a observar as diferentes cavidades da troita e a extraer todos os órganos que hai no seu interior. Extraemos o corazón, o ril, o intestino, o fígado, as vísceras, a vexiga natatoria... (todos os órganos están expostos na imaxe). Hay que ter coidado ao extraer a vexiga natatoria porque é moi fráxil e pode chegar a romperse.

Finalmente cortamos de forma triangular a zona do cráneo e comezamos a extraer o encéfalo e posteriormente as branquias.

A seguinte imaxe mostra os órganos extraídos da troita:


















Ningún comentario:

Publicar un comentario