martes, 18 de maio de 2021

 Técnicas de diagnóstico rápido

Durante o exame externo na necropsia da troita tamén realizamos un conxunto de probas que nos axudan ou orientan no diágnóstico.

Extracción e exame do sangue:

Os materiais utilizados nesta técnica son: unha xiringa de 1 ml de capacidade cunha agulla fina, dous portaobxectos e tres líquidos de tinguidura rápida.



Realizamos unha extracción de sangue coa xiringa da vea caudal, que está situada baixo a liña lateral. Para elo cravamos a agulla uns milímetros por debaixo da liña lateral, colocándoa un pouco inclinada (aproximadamente cun ángulo duns 45º). 



Cando xa temos sangue na xiringa realizamos un frotis colocando unha gota nun extremo dun dos portaobxectos e estendéndoa coa axuda do outro portaobxectos.

Para realizar unha boa extensión da mostra realizamos un movemento contínuo cara adiante como o da seguinte fotografía.



Unha vez listo, para tinguir o sangue, deixamos secar ao aire e sumerximos a mostra 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida. Primeiro o líquido azul claro (panóptico rápido 1), despois na tinguidura rosa (panóptico rápido 2) e finalmente na tinguidura azul escura (panóptico rápido 3). Logo aclaramos esta preparación con auga da billa e deixamos secar.



Cando a preparación está seca, podemos vela no microscopio.


Os eritrocitos ou glóbulos vermellos da maioría dos mamíferos carecen de núcleo. Sen embargo, noutros grupos como peixes, anfibios, reptiles ou aves conservan o núcleo. Como podemos ver, na nosa mostra, distinguimos ben los núcleos xa que pertence a unha troita.


Ningún comentario:

Publicar un comentario