mércores, 19 de maio de 2021

Caso 5 (BMP)





CASO 5


No quinto caso os individuos de dez camadas de coellos sufriron un caso de desnutrición, perda de apetito e diarrea o que ocasionou a morte da maioría dos animais. Despois do exame clínico post-mórtem, identificamos que na súa rexión perianal encontrabamos varias manchas de feces, e no seu aparello dixestivo o xexuno estaba conxestivo e tiña un contido mucoso amarelado e brillante. Aparte disto, no colon presentábanse feces xa formadas. Con esta 

información podemos supoñer varias hipóteses como as seguintes:


A enfermidade débese á contaminación da auga que beben os coellos: Esta hipótese susténtase xa que no texto se nos conta que xa houbo problemas ca agua, debido á proximidade dunha fábrica de tinta, a isto  añádenselle os síntomas que se correlacionan ca enfermidade chamada Coccidiosis intestinal, diarrea que ás veces se acompaña de sangue, deshidratación, perda de peso e diminución da inxesta de alimentos e auga. https://www.expertoanimal.com/la-coccidiosis-en-conejos-sintomas-y-tratamiento-20389.html

A enfermidade débese á mala alimentación, que posiblemente recibiron os coellos de parte dun novo coidador que non ten suficientes coñecementos para asegurar a supervivencia destes animais. Grazas aos síntomas que padeceron os coellos, podemos saber que a mala alimentación seguramente se debeu a unha dieta baixa en fibras e excesiva en hidratos como o amidón. Esto produce no coello un excesivo crecemento de bacterias fecales, o que a sa vez ocasiona unha diarrea fatal e unha enterotoxemia.  https://www.asnac.es/articulos-interesantes-sobre-conejos/generalidades/la-importancia-de-la-dieta/


Para poder dar veracidade unha das dúas hipóteses temos que comparar as imaxes que temos dos tecidos infectados con outras imaxes deses mesmos tecidos pero sans.






Nestas imaxes podemos observar o tecido do intestino dos coellos que sufriron a enfermidade a cal según as nosas teorías pode ser unha Coccidiosis intestinal ou unha enfermidade debido a mala alimentacion e a escaces de fibra. Estas dúas hipóteses as obtemos a partir da información do texto do caso 5 e de diferentes similitudes que encontramos entre as enfermidades e os sintomas dos coellos afectados.




Polo contrario nesta imaxe podese ver o tecido do intestino san o cal presenta unhas diferencias coas imaxes que nos tomamos da mostra que nos tiñamos. E con estas diferencias podemos asegurar unha das dúas hipótesis sobre o orixe do malestar dos animais.

En conclusión podemos asegurar que a enfermidade débese á Coccidiosis intestinal xa que as consecuencias con esta enfermidade son iguas aos malestares que sofren os coellos; e aparte disto nas imaxes do microscopio podemos ver o parasito que provoca esta enfermidade. Por último aínda que a segunda hipótese mais seguro que é erronea non se pode descartar a posibilidade de que tamén axudara á proliferación desta enfermidade a cal se non se intenta eliminar provocara mais seguro a morte dos aniamais.







Ningún comentario:

Publicar un comentario