mércores, 26 de maio de 2021

ℙℝ𝕆𝔹𝔸 𝔻𝔼 𝔻𝕀𝔸𝔾ℕ𝕆́𝕊𝕋𝕀ℂ𝕆 ℝ𝔸́ℙ𝕀𝔻𝕆

 DEFINICIÓN DE FROTIS SANGUÍNEO

O frotis sanguíneo é unha técnica científica que consiste na extensión dunha gota de sangue sobre a superficie dun portaobxetos ou cubreobxetos co fin de analizala posteriormente ao microscopio. 

 MATERIAL NECESARIO PARA O FROTIS SANGUÍNEO

-Unhas luvas (para todos os pasos).


-Portaobxetos para colocar a mostra de sangue. 


-Microscopio óptico para ver a mostra. 


-Frasco lavador. 


-Xeringa con agulla. 


-Tres panópticos.


 PROCEDEMENTO DO FROTIS SANGUÍNEO


O frotis sanguíneo lévase a cabo nos seguintes pasos:

1)En primeiro lugar collemos unha mostra de sangue da troita desde a vea caudal, situada por debaixo da liña lateral usando unha xeringa a que previamente lle colocaremos unha agulla. Intentaremos extraer a sangue as veces que sexan necesarias ata que o consigamos. 

▶ Esta imaxe amosa o material necesario para levar a cabo o primeiro paso.


↳(1a) Imaxe que amosa o proceso de extracción de sangue.


2)Como segundo paso depositamos unha gota de sangue nun dos lados do portaobxetos e extendémola sobre este con moito coidado.

-Esquema do procedemento a realizar:



-Material necesario para realizar o segundo paso:



↳(2a) Primeiro colocamos a gota se sangue nun lado do portaobxectos rápidamente para evitar que se seque.



↳(2b)Despois extendemos a sangue polo portaobxetos empregando outro portaobxetos.






3)Posteriormente tinguimos a mostra usando panóptico na seguite orde: panóptico rápido 1, panóptico rápido 2 e panóptico rápido 3. Seguido de esto, usamos un frasco lavador para eliminar o exceso de tinta sobrante. Rociamos con auga ata que a mostra deixe de soltar tinta.

▶ Nesta imaxe móstrase o material necesario para realizar o segundo paso:

▶Nesta imaxe amósase a orde na que se aplicaron os panópticos á mostra.



4) Como último paso deixamos secar a preparción e, unha vez seca, observámola usando o microscopio.

▶ Imaxes sacadas en laboratorio das mostras:

↳ Obxetivo x10: absérvase unha vista das células sanguíneas e pódese apreciar o plasma sanguíneo.


↳ Obxetivo x40: obsérvase de forma perfecta e definida as células sanguíneas e os seus núcleos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario