mércores, 26 de maio de 2021

ℂ𝔸𝕊𝕆 𝟡

EXPLICACIÓN DO CASO

Segundo o informe un granxeiro chamou ao veterinario debido a que lle apareceron dúas ovellas mortas. Unha delas estaba en rigor mortis e a outra presentaba sangue e mordeduras na gorxa. No informe apórtanse datos de que na granxa na que estaban as ovellas hai unha porcentaxe do 2% dos animais que presentan diarrea crónica e mortalidades esporádicas. Os animais mostraron adelgazamento progresivo e non respondían ao tratamento administrado. A ovella que estaba en mellores condicións enviouse ao Instituto de Anatomía Patolóxica. Presentaba pouca graxa e os músculos das extremidades posteriores estaban atrofiados. A cavidade torácica do animal tiña un contido aproximado de 100 mL. Observouse unha conxestión marcada dos vasos mesentéricos, atrofia xerosa da graxa e linfonodos aumentados de tamaño, páidos e brillantes. Os vasos mesentéricos son unha serie de veas e arterias que se encargan de levar o sangue ata o abdome. A atrofia xerosa fai que a graxa perda a súa opacidade, o que explica o líquido observado no abdome da ovella. O aumento de tamaño dos linfonodos está causado por infeccións na gragante principalmente aínda que hai outras posibles causas. No tubo dixestivo observouse que a mucosa intestinal do íleo estaba lixeiramente engrosada. Isto pode estar causado por infeccións. En canto a hepatomegalia esta é unha enfermidade que produce un agrandamento do fígado. Ten causas moi diversas. Ademais os conductos biliares estaban engrosados e tiñan parasitos platihelmintos (tipo trematodo). Os trematodos son unha clase de parasito que se presenta en pulmóns, conductos biliares, intestino… cando o animal se encontra en estado adulto. Esta clase de parásitos residen en augas contaminadas.


Ovella con mordeduras no colo



PROPOSICIÓN DE HIPÓTESES


PROPOSICIÓN DE HIPÓTESES SOBRE OS DATOS DO INFORME


1➵Debido a que parte dos animais da granxa presentan os mesmos síntomas que as ovellas poderíase determinar que algúns deles estiveron expostos a un parásito común xa ven no suministro de comida ou bebida; ou debido as condicións precarias nas que se encontraban os animais.


2➵Outra hipótese posíbel sobre a causa de morte da primeira ovella, a que estaba en rigor mortis, podería ser causado por un parásito que ao non ser detectado, provocoulle a morte ao animal sen causas aparentes previas.


3➵A ovella que presentaba mordeduras na gorxa puido morrer debido a ser en presa fácil para os depredadores no caso de que esta estivera infectada por algunha clase de parasito que debilitara a súa mobilidade provocando o distanciamento do grupo e, consecuentemente ser apresada.


4➵É posíbel que os parasitos que se encontraron nos intestinos das ovellas estiveran na auga que estas inxeriron. Estes parasitos en concreto están presentes en augas contaminadas e en alimentos en mal estado polo que probablemente as ovellas inxeriran estas.


5➵A extrema delgadez que sufriu a ovella antes de morrer é posíbel que fora causada pola diarrea crónica que esta padecía, impedindo ou diminuíndo a capacidade das vellosidades intestinais para levar a cabo a absorción de nutrientes, e, como consecuencia, a perda case total da graxa corporal do animal.


Ovella en estado de delgadez extrema





PROPOSICIÓN DE HIPÓTESES SOBRE A INVESTIGACIÓN EN LABORATORIO


6➵Unha hipótese posíbel é que se trate dunha paratuberculose producida por unha bacteria chamada Mycobacterium avium Paratuberculosis. Esta bacteria é bastante frecuente en gando bovino e ovino. Isto explicaría a diarrea crónica, un dos síntomas da  bacteria. Os animais infectados excretan a bacteria a través infección por estadas heces, o colostro e a leite aínda que as dúas últimas son moito menos frecuentes.A bacteria é moi resistente a moitos productos desinfectantes e a gran variedade de tratamentos con antibióticos e outros fármacos. Isto explica porqué non se puido tratar a infección o que levou á morte do animal.

7➵No laboratorio tamén investigamos outra posíbel opción. Pódese tratar dunha infección causada por unha bacteria chamada Cryptosporidium parvum. Esta bacteria ten como síntoma principal a diarrea crónica e coincide cos datos aportados no informe.

Mostra de intestino con Cryptosporidium parvum



EXPLICACIÓN DA INVESTIGACIÓN SOBRA A POSÍBEL VERACIDADE DAS HIPÓTESES


HIPÓTESES SOBRE OS DATOS DO INFORME


TODAS ESTAS HIPÓTESES FORON CONTRASTADAS E REVISADAS CO APOIO DO LIBRO E CON MANUAIS DE VETERINARIA ASÍ COMO COA AXUDA DO PROPIO INFORME.

1➵Segundo a primeira hipótese a mala hixiene da granxa é o que implica que unha porcentaxe dos animais estén infectados ao igual que as ovellas. Esta hipótese poderíase sustentar en que se as condicións da granxa son moi deficientes en canto a hixiene e todos os animais tiñan un mesmo suministro de comida e bebida, o parasito podería transmitirse entre os animais aínda que isto non implicaría a morte de todos debido a que uns terán un sistema inmunolóxico máis resistente que os demais. Debido a imprecisión dos datos presentes e tamén á insuficiencia de información non se pode saber con exactitude se a hipótese é válida. No hipotético caso de que se deran estas condicións esto implicaría a verificación desta hipótese.


2➵Apoiándonos no caso de que a hipótese anterior fora certa e existise certo parasito poderíamos establecer de novo, que debido ás condicións precarias nas que se encontraban os animais, non se realizaron as probas necesarias para diagnosticar o parasito que resultou ser mortal. Fíxose resistente aos antibióticos e o débil sistema inmunolóxico da ovella non foi capaz de combatelo, provocando que o animal morrese sen causa aparente.


3➵Tamén se barallou a hipótese de que unha das ovellas que se encontraran mortas non morrera por causas naturais, senón que esta, ao estar débil quedara inmobilizada e se convertira en presa fácil para os depredadores. Esta hipótese podería fundamentarse en que a infección producida por certo parásito debilitou tanto o sistema inmunitario do animal que no hipotético caso de que este fora co rebaño a pacer ao campo, cando caeu a noite, os depredadores acudiron en busca de comida, e, a ovella, incapaz de seguirlle o ritmo ao grupo foi alcanzada polos seus depredadores. Isto explicaría as marcas que tiña a ovella no pescozo cando lle fixeron o recoñecemento. Esta hipótese só nos serviría para verificar e descubrir a causa de morte dunha das ovellas xa que ambas se encontraron nun prado, o que concorda cos datos aportados no informe.


4➵Os parásitos trematodos do grupo platihelminto que se encontraron nos intestinos das ovellas son en concreto unha serie de parásitos que habitan en augas contaminadas e en alimentos en mal estado. Esta hipótese non se pode verificar debido a que podemos estar ante dous casos posíbeis. Non se sabe con certeza se foron as ovellas, que se atoparon mortas, as que se infectaron cos parásitos ou se un animal da granxa se inectou con eses parásitos e logo llos transmitiu ás ovellas.


5➵No suposto caso de que as ovellas tiveran na granxa o aporte de alimento necesario esta hipótese podería ser correcta. Se se dan estas condicións, a diarrea crónica impediría o correcto funcionamento do sistema de absorción de nutrientes do intestino delgado dos animais causando así a súa delgadez extrema.


HIPÓTESES SOBRE A INVESTIGACIÓN EN LABORATORIO

 
TODAS ESTAS HIPÓTESES PROPOSTAS SOBRE A INVESTIGACIÓN FORON ESTUDADAS NO LABORATORIO EMPREGANDO O MICROSCOPIO E SERVÍNDONOS DE APOIO EN MANUAIS DE VETERINARIA QUE TRATABAN CASOS CON ENFERMEDADES SIMILARES. TAMÉN COA AXUDA DE LISTAXES DE TECIDOS COAS SÚAS RESPECTIVAS FOTOS.

6/7➵Durante a investigación decatámonos de que observando as mostras ao microscopio, e contrastando as fotos que fomos sacando con algunhas encontradas en estudos veterinarios; o tecido que usaba a tinción Zielh Neelsen podía presentar unha infección por Cryptosporidium parvum, un protista que se atopa en augas contaminadas. A outra posibilidade é que a ovella tivera unha infección causada por unha bacteria chamada MycoBacterium Avium Paratuberculosis. Esta bacteria causa unha infección por Paratuberculose. Ambos microorganismos habitan en augas contaminadas, producen diarrea crónica, úsase a mesma tinción para identificalas (Zielh Neelsen); polo que non podemos descartar ningunha das opción nomeadas anteriormente.



VERIFICACIÓN OU REFUTAMENTO DAS HIPÓTESES

HIPÓTESES SOBRE OS DATOS DO INFORME


1➵A primeira hipótese proposta non se pode verificar debido a que nos non sabemos con certeza cales son ás condicións ás que os animais están expostos na granxa. Nan sabemos a ciencia certa cales son as condicións hixiénicas da granxa como para poder dala por válida.


2➵Esta segunda hipótese si que se pode confirmar debido a que o microorganismo que provocou a infección, según se explica no informe, non respondeu ao tratamento; causando que o sistema inmunolóxico da ovella que morreu sen causa aparente non puido combater este patóxeno e acabou coa morte do animal.


3➵No caso da terceira hipótese esta tamén é válida porque o animal, ao estar enfermo e debilitado é unha présa fácil para os depredadadores. Presentaba mordeduras no colo e atopouse o corpo nun prado. Os depredadores atacaron ao animal e acabaron por matalo.

4➵Esta cuarta hipótese é válida pero non aporta ningún valor para a investigación xa que estos parásitos non foron a causa de morte do animal xa que son frecuentes no gando.

5➵A quinta hipótese tamén é correcta debido a que a delgadez extrema provocada pola diarrea crónica que esta padecía impide que se absorban os nutrientes no intestino, ao evacuar continuamente estes. Por esta razón, a ovella adelgaza moito e perde texido subcutáneo.


CONCLUSIÓN DO CASO


Para probar cal foi a causa de morte da ovella que se atopou en rigor mortis requerimos dos datos recopilados na invenstigación que se levou a cabo no laboratorio. Para concluír este caso basándonos na observación das mostras no microscopio vamos aportar unha serie de fotos sacadas cos distintos obxectivos do miscroscopio (x4, x10 e x40). Estas fotos van a dar a información necesaria para realizar o diagnóstico da enfermidade e descubrir a causa de morte da ovella. As hipóteses que fixemos sobre a información aportada no caso son insuficientes para o diagnóstico da enfermidade e non son concluíntes no que respecta a investigación sobre a morte da ovella, en cambio, as hipóteses que si que aportan información axeitada e fiable son as que se basan na información recopilada no laboritorio, empregando manuais sobre texidos e enfermidades causadas por axentes patóxenos. Temos dúas hipóteses posíbeis sobre o diagnóstico do axente patóxeno que presenta a ovella. A primeira hipótese baséase en que a diarrea crónica está causada por unha bacteria chamada Cryptosporidium parvum. A segunda está baseada en que a ovella padece unha Paratuberculose producida por unha bacteria chamada Mycobacterium avium paratuberculosis. Para demostrar cal é a hipótese verídica vanse aportar as seguintes fotos:


 

→ MOSTRA CON TINCIÓN ZIEHL NEELSEN


Obxetivo x4: usando o obxetivo x4 do microscopio non somos capaces de identificar na primeira foto cal é o axente patóxeno pero si que se pode apreciar un vaso sanguíneo (marcado con flechas). Na segunda imaxe tomada doutra parte do tecido pódese identificar a bacteria Mycobacterium avium paratuberculosis.



Mycobacterium avium paratuberculosis (sinalada con un círculo)





Obxetivo x10: usando o obxetivo x10 do microscopio apréciase unha calonia da bacteria Mycobacterium avium paratuberculosis.


Obxetivo x40: usando o obxetivo x40 obsérvase claramente que se trata da bacteria nomeada anteriormente ao ver a imaxe a maior resolución e aumento.



Vídeo usando o obxetivo x40 do microscopio: neste vídeo pódese apreciar o tecido intestinal da ovella onde aparece a bacteria Mycobacterium avium paratuberculosis mostrada na imaxe anterior.




 → MOSTRA CON TINCIÓN HEMATOXILINA-EOSINA


Obxetivo x4: usando o obxetivo x4 do microscopio obsérvase unha patoloxía no texido intestinal da ovella causada por unha paratuberculose.



Obxetivo x10: no obxetivo x10 aprecíase unha melloría na calidade da imaxe e obsérvase o texido intestinal afectado pola paratuberculose da ovella a un maior aumento.
 



Obxetivo x40: usando o obxetivo x40 do microscopio podemos observar clara e sen ningunha dúbida que este está afectado por unha paratuberculose.


Vídeo usando o obxetivo x40 do microscopio: este vídeo amosa a vista do tecido intestinal da ovella afectado pola paratuberculose.





〔 Con estas imaxes de estudo histopatolóxico queda totalmente demostrado que a causa da morte da ovella está causada por unha infección por unha bacteria chamada Mycobacterium Avium parataberculosis que lle produce ao animal unha paratuberculose. A hipótese de que se trataba por unha infección por Cryptospoidium parvum queda totalmente refutada.〕


WEBGRAFÍA


✿ Todo o nomeado anteriormente está fundamentado na propia investigación que estamos levando a cabo. Para isto buscamos información en diversas páxinas que trataban temas específicos sobre as enfermidades no gando ovino e as súas causas. Outro elemento a ter en conta na formulación destas hipóteses é a investigación realizada no laboratorio coas mostras que se aportaron.


LINKS:


Paratuberculose en gando bovino


Parásitos Trematodos


Vasos Mesentéricos


Paratuberculosis en animales


Parásitos en gando ovino


Platihelmintos


Galería de fotos da investigación













Ningún comentario:

Publicar un comentario