mércores, 26 de maio de 2021

Proba de diagnóstico rápido

 PROBA DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO

Unha proba de diagnóstico rápido, tamén chamado frotis sanguíneo é unha técnica científica basada na extensión de sangue sobre un portaobxectos co fin de separar o máximo posíbel os microorganismos para así ao vela no microscopio poder conseguir unha imaxe nítida

- Material necesario

- Luvas
- Portaobxectos
- Xeringa con agulla
- Microscopio
- Frasco lavador
- Tres panópticos

Pasos dun frotis sanguíneo

1) Primeiro collemos unha mostra de sangue da troita desde a vea caudal, situada por debaixo da liña lateral usando unha xeringa a que previamente lle colocaremos unha agulla. Baixamos a agulla ata unha zona na que fai un pouco máis de resistencia e extraemos sangue.
Esta imaxe fotografiada en clase móstranos o proceso de extracción de sangue

2) Depositamos unha gota de sangue no portaobxectos, logo arrastramos con outro portaobxectos o sangue ata un extremo e para rematar estendemos o sangue sobre todo o portaobxectos.

Imaxe de internet que amosa a técnica con debuxos.
2.1) Colocamos unha gota de sangue
2.2) Estendemos o sangue polo portaobxectos
3) Tinguimos a mostra usando panóptico seguindo o seguinte orde: Primeiro o panóptico azul claro, segundo o panóptico rosa e por último o panóptico azul escuro. Por último usamos un frasco lavador para eliminar a tinta sobrante.
4) Observamos as mostras no microscopio

Nesta imaxe ( obxectivo x10) tomada no laboratorio pódense apreciar as células sanguíneas
Nesta fotografía ( obxectivo x40) tomada no laboratorio xa se poden apreciar ben as células sanguíneas e os seus núcleos.













Ningún comentario:

Publicar un comentario