Necropsia da troita
Esta é unha técnica na cal nos encargamos de realizar o exame completo, ordeado e sistemático do cádaver dunha troita co fin de determinar cambios morfolóxicos en órganos e tecidos que nos permiten coñecer a causa da súa morte.
Os materiais utilizados nesta técnica son: luvas, tesoiras, pinzas, bisturí e unha bandexa.

O primeiro que fixen foi colocar a troita sobre un lado e inspeccionar o seu aspecto exterior. Durante este momento inspeccionei a pel, todas as súas aletas (aleta pectoral, aleta dorsal, aleta pélvica, aleta anal, aleta adiposa e aleta caudal), os ollos, a boca e as branquias. Cando rematei puiden ver que todo estaba en perfecto estado e que non tiña ningunha parte anormal, por elo decidín pasar ao seguinte paso.
A continuación realicei unha incisión coa tesoira pola liña media dende o ano ata a mandíbula da troita e levantei a súa parede abdominal coa axuda dunha pinza.
Unha vez tiven levantada a parede abdominal o que fixen foi comezar a extraer pouco a pouco os seus orgános. Realicei un corte co bisturí no estómago e extraín xunto cos cegos pilóricos, o intestino, o corazón, o fígado e o bazo. Unha vez logrei extraer conxuntamente estes órganos fun separándoos e colocándoos na mesa. Despois con moito coidado extraín a vexiga natatoria, a cal logrei sacar sen romper, e coloqueina xunto co resto de órganos na mesa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario