DATOS INFORME CASO 6:
Morte dunha porca de tres meses nunha explotación porcina.
Síntomas porca 🐷:
- Diarrea con feces escuras, tos, apatía, problemas de crecemento, mordeduras no rabo e nas orellas.
Resultados da necropsia:
- Palidez da mucosa oral, líquido turbio e amarelado nas cavidades torácica e abdominal, lesións pulmorares afectando a maior parte do órgano, que presenta unha cor vermella e unha consistencia máis firme e adherencias á parede da cavidade torácica, nódulos con pus, bronquios que expulsan líquido mucoso, ganglios linfáticos do mediastino aumentados de tamaño e con material purulento, úlcera arredondada no estómago na rexión do cardias, sangrado recente pero non activo no estómago e no intestino.
Hipóteses:
-O animal podría presentar unha estrongiloidosis do porco, pero como esta enfermidade non presenta síntomas relacionados co sistema respiratorio desbotamos esta hipótese.
Fonte: (páx 11) http://www.fao.org/3/as540s/as540s.pdf
- O estrés incrementa a irritabilidade dos animais e pode contribuír a un problema de mordedura de colas e orellas, tamén contribúen a este problema unha temperatura inadecuada, mala ventilación, alimentación restrinxida e impredecible (a distintas horas), espacios reducidos (xa que a granxa está en período de obras de ampliación esto puido alterar a rutina e o espazo dos animais).
| MORDEDURA DE ORELLAS |
| MORDEDURA DE COLAS |
- A aparición dunha neumonía puidose ver favorecida por estas mordeduras xa que as feridas puideron facilitar a entrada de bacterias ao organismo do animal en cuestión, así como polos elevados niveles de pó e bacterias no aire, polos altos niveles de CO2 e amoníaco, a estancia no mesmo espazo durante períodos de tempo moi prolongados...
- Estudos recentes suxiren unha maior prevalencia de Helicobacter pylori en pacientes con diversas enfermidades inflamatorias extradixestivas, de forma que a aparición da neumonía podría haber favorecido a proliferación de dita bacteria, a cal sería a causante da úclera no cardias. Fonte: https://www.karger.com/Article/Fulltext/329351
- A úlcera puido ser provocada debido a que, pola reforma da granxa os gandeiros puideron despistarse e alimentalos a horas distintas das habituais.
Fonte: (últimas liñas do 1 párrafo)
- Algúns porcos da granxa non medraban como deberían, presentaban diarrea, linfonodos aumentados de tamaño... a causa desto podría ser un virus porcino.
(Porco de 3 meses con circovirosis porcina. Nótese a espiña dorsal marcada, indicativa do retraso no crecemento e a palidez corporal (anemia)).
Conclusión:
Ao comezo da investigación pensabamos que se trataba dunha simple neumonía, pero analizando os outros síntomas presentes nos animais chegamos á conclusión de que a porca debeu sufrir circovirosis porcina que pode provocar outras enfermidades que cursen con outros síntomas clínicos: alteracións dixestivas, linfadenopatía inguinal, retraso do crecemento, úlceras gástricas, diarrea, neumonía... os cales son todos síntomas que presentaba o animal.
Para reforzar esta conclusión axudámonos de que o circovirus pode ser vehiculado de forma mecánica a través de camións, roupa, calzado... de forma que non é de extrañar a aparición desta enfermidade na granxa xa que estaban de reformas de ampliación polo que habría bastantes obreiros e camións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario