Donald, Cazón Liso
Datos informe:
Donald é un cazón liso, macho duns 12 anos, da familia dos tiburóns , estrela do acuario Mar A Fóra. Donald apareceu morto no fondo do tanque despois de amosar un comportamento extraño, o animal nadaba lentamente na superficie da auga, non comía e respiraba axitadamente. Sabemos que días antes houbo un corte de enerxía durante 4 horas, coincidindo cun roubo nos despachos deste mesmo acuario. Durante este corte o sistema de seguridade do acuario fallou e calquera persoa das instalacions tiña acceso á superficie do tanque.·Fixoselle unha necropsia a Donald na que se observaron:
-Ulceras profundas na pel das aletas dorsal e caudal.
-Branquias moi vermellas e con estruturas pardas sen identificar.
-Ao abir a cavidade abdominal atoparonse varias petequias na serosa de revestimento do intestino.
Hipóteses:
Ao examinar no microscopio unha mostra , deducimos que a mostra provén das branquias de Donald, e comparandoa cunhas branquias sanas observamos anomalias e despois de investigar diferentes enfermidades branquiais concluimos que, o pobre Donald, ten unha aneurisma branquial (telangiectasia) debido á acumulación de eritrocitos presentes na mostra.
1. Cremos que Donald padecía esta enfermidade porque, durante o corte eléctrico, alguén botou un producto tóxico ao acuario no que se atopaba o cazón liso provocándolle a morte. Esto deducímolo, a parte do fallo na electricidade, polo extraño comportamento de Donald provocado, seguramente, pola dilatación dos capilares branquiais.
2. O corte eléctrico durou aproximadamente 4h, polo que, se o acuario onde se atopaba Donald estaba climatizado, este puido sufrir estrés polo cambio de temperatura o que causaría o seu extraño comportamento.
3. Durante esas horas de fallo eléctrico, as algas e plantas do acuario non recibiron enerxía lumínica polo que, deixaron de realizar a fotosíntese e comezarían a realizar a respiración celular, collendo así osíxeno da auga e desfeavorecendo a calidade da mesma.
4. Donald puido infectarse con algún parasito que lle provocara o resto de sintomatolixías padecidas.
Imaxes
Histoloxia branquias sanas
Histoloxia aneurisma branquial
Imaxes da mostra
Histoloxia mostra branquias tinguida por H&E (x40)
Conclusións:
·Despois de observar minuciosamente as imaxes concluimos, que como xa citamos anteriormente na nosa hipótese, Donald ten unha aneurisma branquial (ruptura da integridade vascular da branquial) e causa a dilatación dos capilares branquiais e unha acumulación dos eritrocitos nestes.
Esta enfermidade pode ser causada por unha exposición aguda a tóxicos (atopados en desinfectantes), refugallos metabólicos como o amonio ou unha mala calidade da auga, debida á falta de osíxeno e nutrientes.
1. Ao volver a ler o texto, decatámonos de que este fai alusión a que calquera que estivera nas intalación podería acceder ao acuario de Donald. Por tanto, concluimos que é unha das hipóteses máis acertadas é a primeira; durante o corte eléctrico vertéronse produtos tóxicos para o cazón no tanque no que este se atopaba.
2. A hipótese 2 pode ser acertada, pero non conclúe nada sobre a histoloxía da branquia e a enfermidade que cremos que padece.
3. A terceira hipótese descartámola porque tamén podería afectar ao resto de animais que se atoparan nese tanque e porque non nos parece suficiente tempo como para matar a un animal dese calibre.
4. Buscando descubrimos que ten algún tipo de ectoparasito. Un denominado Epistylis porque provoca unhas úlceras que padece e en casos extremos pode provocar a morte por asfixia, debido a unha obstaculación do flujo normal da auga a través das branquias; e outro parasito misceláneo de tipo copédodo, (o que cremos que podería ser Lernea) que produce as úlceras na pel e na base das aletas.
·Nós concluímos que a hipótese máis acertada ,de todas, é a hipótese número 4,debido a, que explica todala sintamotoloxía provocada por diferentes parasitos, parece a máis doada, ademáis, porque as imaxes suxiren ver algún que outro parasito.
Diferencia de opinións entre os investigadores🔍:
Debido á primeira hipótese os investigadores dubidaron se os tóxicos foron vertidos de maneira intencionada ou accidentalmente.
Na terceira hipótese un dos investigadores cría que non era necesaria a luz eléctrica se no acuario entraba luz solar para a realización da fotosíntese. Pero debatindo, chegamos á conclusión de
que sí eran necesarias.
Na cuarta hipótese os investigadores tamén sospeitan que pode ser o parasito, un denominado Henneguya o cal produce dous dos síntomas que presentaba Donald: nadar lentamentemente e disfunción respiratoria.Esta idea foi descartada porque é un tipo de parasito que habitan, sobre todo, en certas especies de salmóns.




Ningún comentario:
Publicar un comentario