-DESCRIPCIÓN DO CASO:
Tal e como di o informe, un granxeiro chamou ao veterinario porque lle apareceron 2 ovellas mortas: unha delas en rigor mortis e a outra presentando sangue e mordeduras na gorxa.
O veterinario enviou a ovella en mellor estado ao Servizo de Anatomía Patolóxica Veterinaria para realizarlle unha necropsia.
- Síntomas da ovella: delgadez extrema, apenas tiña graxa e os seus músculos posteriores estaban atrofiados. Presentaba un contido líquido na súa cavidade torácica duns 100ml. Observouse tamén unha conxestión nos vasos mesentéricos, atrofia serosa da graxa e linfonodos aumentados de tamaño, pálidos e brillantes. A mucosa intestinal estaba lixeiramente engrosada, atopouse hepatomegalia e observáronse parasitos platihelmintos nos seus condutos biliares.
- Outros animais da granxa: mostran adelgazamento progresivo, diarrea crónica e non responden correctamente ao tratamento administrado. Dase algunha morte esporádica.
-PROPOSTA DE HIPÓTESES:
- Xa que todos os animais afectados da granxa presentaron os mesmos síntomas, poderíase determinar que sofren a mesma enfermidade, causada por parasitos como os atopados nos condutos biliares da ovella examinada, transmitidos a través da bebida ou do alimento por exemplo.
- Outra hipótese posible sería que as mordeduras atopadas no pescozo da ovella foran causa da transmisión da enfermidade.
- Unha enfermidade que coincide con todos os síntomas que presentan a ovella e outros animais da granxa é o cancro intestinal. A diarrea, a distensión abdominal e o adelgazamento progresivo poderían ser consecuencia desta enfermidade. Ademais, tanto a inflamación do fígado como os linfonodos inflamados e pálidos apuntan á presenza deste tipo de cancro.
- Outra posible enfermidade que provoca os mesmos síntomas é a coccidiosis intestinal, provocada polo parasito Isospora belli, moi frecuente en ovellas e cabras. O desenvolvemento desta enfermidade é habitual en granxas e outros lugares onde os animais vivan en condicións deficientes, é dicir, en entornos con pouca hixiene, onde estes estén en contacto directo coas súas feces, a través das cales se transmiten estos parasitos.
- Unha hipótese posible é que a infección abdominal dos animais fose causada por parasitos Cryptosporidium parvum, que ao entrar no corpo do animal, viaxa ata o intestino delgado e se asenta nas paredes do mesmo. Esta enfermidade tamén coincide cos datos aportados no informe.
![]() |
| Cryptosporidium parvum |
- Outra opción é que se trate dunha paratuberculosis, provocada por unha bacteria chamada Mycobacteria avium paratuberculosis. Esta enfermidade caracterízase por unha lesión intestinal crónica de carácter proliferativa, é dicir, que tende a empeorar con rapidez. Os síntomas habituais desta enfermidade tamén coinciden cos que presenta a ovella estudada, principalmente os ganglios linfáticos inflamados. Ademais, esta bacteria é moi resistente a produtos desinfectantes e a unha gran variedade de produtos antibióticos. Isto explicaría porqué o tratamento administrado aos animais da granxa non tivo efecto.
-VERACIDADE DE HIPÓTESES:
1. A primeira parte desta hipótese podémola considerar acertada xa que todos os animais da granxa que están enfermos presentan síntomas similares. Non obstante, ao observar as mostras no microscopio puidemos comprobar que nestas non estaban presentes os parasitos platihelminto como os atopados nos condutos biliares da ovella. Ademais, estos parasitos poden chegar a medir ata un par de centímetros na súa idade adulta, isto quere dicir que son recoñecibles a simple vista, son dun tamaño demasiado grande como para ser vistos no microscopio. Isto permitiunos descartar a segunda parte da hipótese.
2. Podemos descartar a hipótese de que a enfermidade fose transmitida a través das mordeduras atopadas na gorxa da ovella, pois esta morreu moito antes de poder contaxiar ao resto da granxa.
3. É certo que o cancro intestinal é unha enfermidade cuxos síntomas coinciden case de forma total cos que presentaba a ovella á que se lle realizou a necropsia. Non obstante, esta enfermidade non é contaxiosa e na granxa había unha alta porcentaxe de animais que presentaban os mesmos síntomas. Isto permítenos descartar esta hipótese e pasar a comprobar a seguinte.
4. Os síntomas da coccidiosis intestinal tamén coinciden en gran parte cos que mostran os animais infectados da granxa. Non obstante, investigando atopamos un dato que nos permitiu refutar esta hipótese: a enfermidade da que estamos a falar só adoita afectar aos animais máis xoves, de entre tres e catro semanas de vida, pois os animais adultos son capaces de expulsar os parasitos causantes desta enfermidade a través das súas feces, as cales máis tarde contaxiarán a todo animal que entre en contacto con elas. Como no informe non se especifica nada, supoñemos que os animais enfermos dos que se fala son principalmente adultos, polo que estes parasitos non poden ser os causantes da enfermidade.
A PARTIR DA COMPROBACIÓN DESTAS HIPÓTESES, PASAMOS A OBSERVAR AS MOSTRAS NO LABORATORIO, PARA SEGUIR VERIFICANDO O RESTO DAS IDEAS INICIAIS, COA AXUDA DO MICROSCOPIO.
4.(CONTINUACIÓN) Para descartar totalmente esta hipótese observamos as mostrar obtidas do intestino delgado no microscopio e, efectivamente, non atopamos ningún rastro da presenza do parasito Isospora belli.
5. Despois de manter esta hipótese como verdadeira durante moito tempo temos que descartala xa que tras observar con detemento ambas mostras no miscroscopio non conseguimos apreciar os parasitos do Cryptosporidium parvum.
6. Ao observar as mostras no laboratorio puidemos atopar nelas bacterias Mycobacterium paratuberculosis avium, o que nos permite confirmar que esta hipótese é acertada e afirmar por tanto que a causa da enfermidade que presentaron os animais da granxa é dita bacteria.
Estas son algunhas imaxes da bacteria da que estamos a falar:
💥Un dato que nos axudou a chegar ata esta conclusión foi que a tinción Ziehl Neelsen serve concretamente para a identificación de bacterias ácido-alcohol resistentes, como Mycobacterium paratuberculosis e dalgúns parasitos intestinais. En cambio, a tinción H&E permite distinguir diversas estruturas celulares, así como distintas células e tecidos. Ambas son usadas nas mostras de intestino aportadas.
💥Estas son algunhas fotografías das nosas mostras vistas con diferentes obxetivos no miscroscopio:
- OBXETIVO x4, TINCIÓN ZIEHL NEELSEN: as bacterias non se aprecian moi ben pero sí se pode distinguir algunha colonia.
-OBXETIVO x10, TINCIÓN ZIEHL NEELSEN: xa se poden distinguir as bacterias, que neste caso se presentan cunha cor rosa escuro.
-OBXETIVO x40, TINCIÓN ZIEHL NEELSEN: pódense apreciar perfectamente bacterias Mycobacterium paratuberculosis avium
OBXETIVO x10, TINCIÓN H&E: con esta tinción podemos observar o tecido da mostra e algún núcelos celulares (unha cor máis escura).
-OBXETIVO x40, TINCIÓN H&E: observamos o mesmo que na imaxe anterior, núcleos celulares e unha zona na que probablemente o tecido esté dañado polas bacterias.
CONCLUSIÓNS😊
Estas imaxes sacadas no laboratorio apórtannos a información necesaria para realizar o diagnóstico da enfermidade e descubrir así a causa da morte da ovella. Como puidemos comprobar nas mostras obtidas do intestino, a última hipótese que propuxemos é correcta, xa que ademais de relacionarse con todos os síntomas presentados polos animais, tamén logramos atopar a Mycobacteria avium paratuberculosis, causante da enfermidade que levou á ovella ata a morte.
Así, tras contrastar toda a información, comparar os síntomas presentados polos animais, valorar diferentes hipóteses e posibles enfermidades, observar as mostras e buscar información, queda totalmente demostrado que a enfermidade que presentaban a ovella, e por tanto, o resto de animais infectados da granxa, é unha paratuberculose provocada pola Mycobacteria avium paratuberculosis.
WEBGRAFÍA:
Para corroborar todas as hipóteses nomeadas anteriormente, buscamos información en diferentes páxinas que trataban temas concretos como as distintas enfermidades que fomos propoñendo ou o estudo histolóxico do intestino.




Ningún comentario:
Publicar un comentario