mércores, 19 de maio de 2021

 NECROPSIA TROITA


A necropsia é o exame completo, ordenado e sistemático do cadáver dun animal co fin de determinar cambios morfolóxicos en órganos e tecidos que nos permitan coñecer a causa da morte ou da enfermidade.

Primeiro observamos si por fóra é normal ou non (pel, aleta pectoral, aleta dorsal, aleta pélvica, aleta anal, aleta adiposa e aleta caudal), por fóra estaba normal polo que fomos a abrir a troita.


Como observamos na foto, utilizamos: luvas, tesoiras, pinzas, bisturí e unha bandexa.

Pasamos a abrir a troita 

O primeiro que facemos é colocar a troita en posición lateral. A partir de aquí pasamos a abrir a troita cunha incisión abdominal desde o ano ata a mandíbula por debaixo e polos lados. Polo que queda aberta a cavidade abdominal. Coa axuda dunhas pinzas levantamos a pel e quedan a vista os órganos, aquí observamos que esté todo normal, e a partir de aquí seguimos.

A partir de aquí cunha pinza, coidadosamente, pasamos a retirar os órganos coa axuda de pinzas e bisturís. Realicei un corte no estómago cun bisturí e extraín xunto cos cegos pilóricos, o intestino, o corazón, o fígado e o bazo. Ao quitar estos órganos pasei a extraer a vexiga natatoria intentando non rompela, só quedaba o ril por quitar, moi díficil de quitar pero coa axuda do bisturí e as pinzas logreino quitar. Aquí puxen todos os órganos na bandexa coidadosamente.



Cando xa estaban todos os órganos da cavidade abdominal quitados pasei a facer un corte triangular na cavidade cranial para retirar o encéfalo, logo cortando os nervios extraín os ollos, é por último extraín as branquias.

E xa estaría.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario