mércores, 26 de maio de 2021

Frotis sanguíneo/proba de diagnóstico rápido Rubén

PROBA DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO


EXTRACCIÓN DO SANGUE DA TROITA


Na proba de diagnóstico rápido extraemos o sangue da troita.

Para iso dispoñemos dunha xiringa, de agulla moi fina, dous portaobxectos para extender o sangue, un bote con auga para vaciar por enriba da tinción e uns botes que gardan o líquido para tinguir o sangue. A tinción que imos usar nesta proba de diagnóstico é a tinción de panóptico rápido.

A primeria imaxe é unha foto dos botes de tinción cos que imos realizar a tinción de panóptico rápido e a segunda imaxe é unha foto da xiringa e da agulla por separado:


                        

O primeiro que debemos facer e observar o corpo da troita e localizar a liña lateral. Despois temos que pinchar a xiringa na vea caudal (cercana á liña lateral) da troita inclinando a xiringa para facilitar a extracción do sangue.

A seguinte imaxe é unha foto da introducción da xiringa na vea caudal para comezar a extracción do sangue:

 


Cando logremos sacar o sangue correspondente, depositámolo enriba dun dos portaobxectos nunha das esquinas e extendémolo cara diante e cara atrás varias veces coa axuda do outro portaobxectos ata que quede perfectamente extendido.

A seguinte imaxe é unha foto do sangue extendido (non debería haber tanto sangue):

   


Unha vez obtido este resultado tinguimos o portaobxectos, introduccíndoo nos botes de tinción de panóptico rápido na seguinte orde: panóptico rápido 1, panóptico rápido 2 e panóptico rápido 3.
Despois votamos auga por riba do portaobxectos e unha vez está completamente tinguido, esperamos a que se seque. Unha vez seca esta mostra observamos no microscopio os glóbulos vermellos da troita e vemos que posúen un núcleo cada un.

A seguinte imaxe é unha foto da mostra vista no microscopio en ocular x10 e un obxectivo de x40:


                       






Ningún comentario:

Publicar un comentario