mércores, 26 de maio de 2021

Proba de diagnóstico rápido

Extracción e exame de sangue 

A proba de diagnóstico rápido levada a cabo foi a extracción de sangue dunha troita. Para facer unha extracción de sangue necesitamos: unha xiringa, unha agulla moi fina, dous portaobxectos e un kit para tinguir o sangue.

Nas seguintes imaxes podemos ver a xiringa e o kit de tinción, respectivamente:


Para extraer sangue necesitamos localizar a liña lateral da troita, despois introducimos a xiringa inclinada para que sexa mais doado sacar sangue.

Despois de extraer o sangue depositámola nun dos portaobxectos e axudándonos co outro extendemos o sangue.


A continuación tinguimos o portaobxectos co kit de tinción no seguinte orde: panóptico rápido 1, panóptico rápido 2 e panóptico rápido 3. Ao rematar votamos agua no portaobxectos e esperamos a que seque.

Por último observamos o sangue ao microscopio, destinguimos os glóbulos vermellos cos seus respectivos núcleos.
A seguinte imaxe mostra o sangue cun ocular de 10 e un obxectivo de 40:






Ningún comentario:

Publicar un comentario