sábado, 15 de maio de 2021

G2SXM

 PROBAS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO:

Esta proba foi a de EXTRACIÓN E EXAME DO SANGUE:
Para esta proba necesitamos unha xiringa de 1ml de capacidade e unha agulla, como as seguintes.

Unha vez isto, poñemos a agulla na boca da xiringa e buscamos a liña caudal, de onde temos que extraer o sangue. Esta se atopa baixo a liña lateral. Para extraer o sangue hai que cravar a agulla por debaixo da liña lateral, dirixíndoa depois cara arriba.





Unha vez temos sangue na xiringa poñemos unha gota nun extremo dun dos dous portaobxetos que necesitamos, e co outro extendemos esa gota ata que quede desta maneira: 


1. A gota de sangue sen exteder.






2. O sangue xa extendido.






Cando o sangue xa está no portaobxetos temos que tinguila para poder analizala máis adiante no microscopio, para isto hai que deixar que seque ao aire e depois sumerxila 5 veces en cada un dos líquidos do kit de tinguidura rápida. Primeiro no líquido azúl claro, en segundo lugar na rosa, e por último na azul escura. Despois de tinguila aclárase con auga e se deixa secar.
Estes son os líquidos de tinguidura e a forma en que seca:

Cando todo este proceso está feito, a mostra de sangue está preparada para verse no microscopio, isto é o que vemos: 

















Ningún comentario:

Publicar un comentario