Necropsia da troita.
Este traballo levado a cabo durante a clase de bioloxía de 1.BAC consiste na apertura do corpo dunha troita morta co fin de estudar os seus órganos internos e poder extraer a maioría destes nun correcto estado. De este xeito, tras a necropsia, quedaría así.
Tras esta pequena introducción do que é a necropsia, e do que se consegue con isto, explicaremos paso a paso como proceder ante a necropsia e todos os instrumentos necesarios para isto.
- Os instrumentos para realizar a necropsia son os seguintes:
- A troita
- Unha bandexa para que os fluidos sobrantes da troita non ensucien a mesa.
- Xeringa e agulla, serven para pinchar a troita e poder extraer mediante succión o sangue para analizala posteriormente no microscopio.
- Bisturí, personalmente non me fixo falta, xa que en un corpo tan pequeno no é útil.
- Pinzas, necesarias para poder coller os órganos máis pequenos.
- Tesoira, serve para cortar os extremos dos dous intestinos, por exemplo, e así extraelos dun mellor xeito.
- Guantes para impedir o paso de bacterias das maus ó corpo, ademáis de hixiene.
- Bandexa para depositar a mostra de sangue para o seu posterior análise.
- Bandexa idéntica, pero esta usase para extender a mostra de sangue na outra bandexa. Xa que si a mostra queda moi grosa, non pasará a luz do microscopio e non se verá con claridade.
- Pasos para realizar unha necropsia:
Primeiro faremos uso da xeringa para poder extraer o sangue (frotis sangíneo), este proceso é bastante difícil xa que ten moi pouca sangue. Consiste en clavar a agulla na parte traseira da troita (cola) por debaixo da liña lateral. Unha vez clavada supcionamos a xeringa, se non conseguimos sangue repetimos o proceso en outro lugar. En caso de que leve moito tempo con esa cara hacia arriba sería boa idea probar pola otra cara, xa que é posible que o sangue estea dese lado polo tempo que leva tumbada. O non haber circulación esta enchárcase nas zonas máis baixas, pola forza de gravidade.
Unha vez na xeringa, extendemos o sangue na bandexa rápidamente, xa que esta en contacto co osíxeno coagúlase. Do mesmo xeito lle aplicaremos o tinte para poder distenguir no microscopio as súas células e texidos.
A continuación iniciamos a apertura, coa tesoira, cortaremos o abdome, empezando polo ano e rematando na cabeza da troita. Deste xeito encontrarémonos en primeiro lugar o intestino delgado e o groso na troita. Para extraelo cortaremos os seus extremos, que se encontran na parte próxima a cabeza e a parte inferior desta. O extraela encontrarémonos outros órganos como pode ser o corazón, que tamén separaremos.
No interior desta quedaría visible a vexiga natatoria que require ser retirada con moito coidado, xa que é moi sensible e delicada.
É un proceso similar ó anterior, solo que no meu caso non utilizo as tesoiras, únicamente a separo do corpo con un pouco de forza coa axuda das pinzas, xa que se corre o perigo de danala.
Por último, na parte interior desta encontramos os riles, que están na parte superior, pegados a columna vertebral, sácase coas pinzas.
Ademáis, tamén se lle sacan todas as aletas (ventrais, intermedias...) mediante a tesoira, e tamén se poden sacar partes da cabeza como as branquias, ollos, lingua, encéfalo...
- En esta imaxe vemos os seguintes órganos:
- Cabeza: Dende a parte externa desta podemos ver o ollo e a boca.
- Cabeza dende dentro: Dende esta prespectiva xa podemos observar cousas que non podemos ver de xeito natural. Encontrámonos co encéfalo, que ten un aspecto branco, a cavidade bucal e a lingua.
- Corpo da troita: Está formado polos principais músculos que fan que se mova o animal.
- Vexiga natatoria: É un órgano que se encontra na parte superior central da troita, este fai que pese menos, polo que a troita poderá ascender ou descender xogando coa cantidade de aire dentro dista.
- Corazón: Bombea o sangue a través do sistema circulatorio.
- Intestino delgado e groso: Aquí encontramos dous órganos fundamentais no aparato dixestivo da troita, interveñen na absorción de sustancias.
- Fígado: Este fabrica sustancias que interveñen na dixestión, principalmente encargase de eliminar as sustancias tóxicas que inxire o animal.
- Aletas pectorais: Intervén na dirección que tomará a troita, encontrase na zoa troncal.
- Aletas ventrais: Interveñen no movemento da troita, tamén axudan a tomar unha dirección e tamén pertenen a zoa troncal.
- Aleta anal: Ten a mesma función, pero pertence a zoa anal.
- Aleta dorsal: Encóntrase na parte central superior da troita, interven no seu movemento e pertence a rexión troncal.
- Aleta caudal: Está na rexión caudal, esta non intervén na dirección, xa que se encarga de producir o impulso, por eso e tan grosa.







Ningún comentario:
Publicar un comentario