mércores, 19 de maio de 2021

Necropsia da troita

NECROPSIA DA TROITA

1. Aprender a técnica da necropsia dunha troita

A necropsia é un exame completo ao cadáver dun animal (se fose en humanos chamaríase autopsia) co fin de recoñecer as causas da morte do animal examinado, no noso caso, unha troita. 
Os pasos son os seguintes: 

--1) A examinas por fóra (a cor, a forma, o tamaño...) o aspecto en xeral antes de comezar a exploración interna; xa que así ás veces a exploración externa axuda a comprendera  causa da morte. 


Fotografía do exterior da troita (arriba)
Debuxo coas partes do exterior da troita (abaixo)



--2) Levantar o opérculo e observar as branquias. Logo observar outras partes do exterior do corpo como pel, aletas, ollos e boca para examinalos buscando bacterias ou probas de calquera tipo de morte. 


--3) Realiza un corte na parte inferior da troita que vaia dende o ano ata a mandíbula e logo abre o abdomen por encima .


--4) Inspecciona a as cavidades abdominal (da mandíbula ao ano) , pericárdica (do ano á aleta caudal) e craneal (da mandíbula á boca ) da troita. 

--5) Extrae as vísceras e examina todos os órganos da troita. Para extraelos terás que cortar o esófago para extraer os órganos da cavidade celómica (pericardio e septo inverso). Despóis cortas o vulvo arterioso para separar o corazón. Logo  extraer o resto dos órganos que son: fígado, cegos pilóricos, ovario (se é femia), ril (e extraelo) , intestino e bazo. Por último abres a cavidade cranial e sacas o encéfalo. 





--6) Tras todo o proceso poñes os órganos nun recipiente limpio e ahí comprobas as probas que hai para poder averiguar a causa da súa morte. 

Rafael González Varela 1ºE 


Ningún comentario:

Publicar un comentario