mércores, 19 de maio de 2021

NECROPSIA DA TROITA

 NECROPSIA DA TROITA

1. Aprender a técnica da necropsia da troita

A necropsia é un análisis completo para saber a causa da morte dun ser vivo, examinando no noso caso troitas

- Material para proceder:

Antes de comezar ca necropsia necesitamos o material axeitado, formado por: 

-Bisturí

-Tesoiras

-Pinzas

-Luvas


1) Facemos unha avaliación xeral da troita, observando a súa cor, a pel, o tamaño etc.

2) Levantamos o opérculo e observamos as branquias, logo as aletas, os ollos, a boca e a pel comprobando se ten danos que puideron causar a súa morte, tal e como podemos comprobar na imaxe non presenta danos, aínda que xa era bastante obvio ao ser de piscifactoria.


3) Realizamos un corte lineal co bisturí ou as tixeiras dende o ano ata a mandíbula, con coidado de non romper a vexiga natatoria e abrimos o abdomen.


4) Inspeccionamos as cavidades da troita, a abdominal, a pericárdica e a craneal; na cal deberíamos poder observar o fígado, os cegos pilóricos, o bazo, o intestino, o ril e o ovario.

5) Comezamos ca extracción dos distintos órganos, comezamos polo estómago, o intestino e o fígado, os cales se extraen todos á vez. Máis tarde extraemos o ril. Logo extraémos o encéfalo facendo un corte en forma de triángulo. 

6) Por último cando xa sacámos todos os órganos avaliamos cal puido ser a causa da súa morte.






Ningún comentario:

Publicar un comentario