NECROPSIA DA TROITA
Unha necropsia é unha técnica de estudo dun cadáver para determinar as causas da súa morte. O que se fai é realizar un exame completo e organizado tanto externa como internamente.
O material empregado para levala a cabo foi simple:
---Unha troita, obxecto de estudio este exame.
---Unhas luvas, para impedir o das bacterias entre as notas mans e a troita.
---Unha bandexa donde colocar a troita e os demais instrumentos.
---Xeringa con agulla para realizar a extracción de sangue.
---Tesoiras e bisturí, para realizar os Cortes necesarios para abrir a troita.
---Pinzas, para poder volver os órganos de pequeno tamaño con maior precisión.
PASOS:
O que primero fixen foi colocar a troita tumbada sobre un lado para comprobar que non tivese ningún dano externo. Inspeccionei entón a pel, a boca, os ollos, as branquias e as catro aletas, e comprobei que non había evidencia de dano en ningún destes órganos externos. Decidín pasar entón á realización dun exame físico interno.
Primeiro collín unhas tesoiras, e, tras localizar o ano, realicei unha incisión desde este ata mandíbula, por debaixo da liña media. Unha vez finalicei a incisión e tiven esta parte abdominal aberta, observei os órganos a simple vista.
A continuación collín o bisturí para comezar a extraer os órganos. Comecei polo aparello dixestivo, que extraín tras realizar un corte na parte superior do estómago. Deste xeito puiden sacar o estómago, o bazo, o intestino, o fígado. Despois saquei tamén o corazón e coloquei todos os órganos extraídos enriba da mesa de xeito organizado para poder identificalos facilmente despois. O que fixen a continuación foi sacar a vexiga natatoria, con especial coidado para evitar que se me rompese, e coloqueina tamén na mesa. Despois observei que o único que me quedaba na cabidade abdominal era o ril, que saquei tamén con especial coidado para evitar danalo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario