mércores, 26 de maio de 2021

PROBA DE DIAGNOSTICO RÁPIDO

 EXTRACCIÓN E EXAME DO SANGUE


Material empregado:

-Unha xiringa cunha agulla fina para extraer o sangue.

-Dous portaobxectos.

-Productos para tinguir a mostra.





Procedemento:
Para extraer o sangue comenzamos pinchamos na vea caudal, que se atopa unhos milímetros por debaixo da liña lateral, dirixindo a agulla hacia arriba cun ángulo de 45º.


Tras extraer o sangue, realizamos un frotis para examinalo. Para isto colocaremos unha gota da sangue extraída sobre un portaobxectos e extenderemola coa axuda do outro. Para extendelo debidamente colocaremos o segundo portaobxectos inclinado por diante da gota e mverémolo cara atrás ata tocar a gota con el, tras esto estiramos a gota hacia adiante cun movemento continuo.


                                                                 

Finalmente, tras extender correctamete o sangue, debémolo tinguir. Para isto deixamola secar ao aire e somerxémola 5 veces nos líquidos do kit de tinguidura rápida (líquido azul, tinguidura rosa e tinguidura azul escura). Tras isto aclararemos a mostra con auga e, cando esté seca, xa a podemos ver no microscopio.


Na inspección da mostra apreciamos que os eritrocitos das troitas presentan núcleo, ao contrario que os dos mamíferos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario