martes, 25 de maio de 2021

PROBA DE DIAGNÓTICO RÁPIDO

Frotis sanguíneo.


Esta proba de diagnóstico rápido que realizamos foi a través da extracción do sangue dunha troita.

Os materiais utilizados para esta proba son os seguintes: unha xiringa de 1ml de capacidade cunha agulla fina, dous portaobxectos e tres líquidos de tinguidura rápida.








 Para sacar o sangue na troita temos que pinchar na vea caudal, a cal se encontra uns milímetros debaixo da liña lateral, para conseguir pinchar na vea caudal temos que pinchar coa agulla un pouco inclinada (aínda así é probable que non se consiga sacar o sangue ao primeiro intento)



Unha vez temos o sangue o seguinte paso é colocar unha gota nun extremo dun portaobxectos, o seguinte paso trátase estender a gota no portaobxectos coa axuda de outro portaobxectos, para isto temos que apoiar o segundo portaobxectos no primeiro cerca da gota de sangue e deseguido arrastralo un pouco para atrás ata chegar a mostra e despois arrastralo para diante para que así quede o sangue estendido no primeiro portaobxectos.


 




O seguinte paso é tinxir a mostra, para este paso temos que sumerxir a mostra cinco veces en cada un dos líquidos de tinxidura rápida, primeiro sumerximos a mostra no líquido azul claro, depois no rosa e por último no azul escuro, despois aclaramos a mostra con auga e cando estea seca xa a podemos ver no microscopio



Por último obsevamos a mostra no microscopio, a vista do microscopio pódense apreciar os glóbulos vermellos da troita.Os globulos vermellos dos peixes teñen núcleo, en cambio os dos mamíferos non.
Os puntos negros da imaxe son os glóbulos vermellos.



 





Ningún comentario:

Publicar un comentario